Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Internet é o máis vasto océano de coñecemento que creou o ser humano, aínda que non resulte sinxelo para todos sucar as súas augas. En ocasións, as páxinas web, en vez de ventás ao mundo, son barreiras insalvables para os que sofren algunha minusvalía. E non debería ser así. A tecnoloxía ofrece a posibilidade de facer que os contidos de Internet sexan accesibles para un abano máis amplo de persoas. Os símiles co mundo tanxible son evidentes. Non é máis caro nin máis difícil construír unha rampla que unhas escaleiras, pero non sempre se fai.
FUNDACIÓ EROSKI adoptou o firme compromiso de facer dos seus sitios-web un punto de encontro para a maior cantidade de persoas posible, sen que ninguén quede excluído. E iso implica que os nosos webs están preparados especificamente para que resulte máis sinxelo navegar por eles ás persoas con algún tipo de discapacidade.
O noso sitio web está en continua evolución, e estamos a traballar seguindo as directrices da iniciativa WAI (Web Accessibility Initiative, www.w3.org/WAI/) que marca uns estándares internacionais na creación de contidos webs accesibles para todos:
Debido a esta continua evolución, aínda non todos os nosos webs cumpren ao 100% cos anteriores estándares, aínda que a maioría deles si o fan.
Tomáronse diversas medidas para facer o sitio web máis accesible, entre elas:
A continuación lístanse os principais atallos dispoñibles no sitio web:
A forma de activar os atallos de teclado depende do navegador. As máis frecuentes son:
Modificouse a maquetación do web para que o usuario poida adaptar non só o texto, senón o web completo ao tamaño desexado. Se desexas aumentar ou diminuír o tamaño da presentación, podes facelo:
A maioría dos enlaces con texto que non describe completamente o destino teñen atributos title cunha aclaración.
Cando sexa posible, os enlaces escríbense de forma que teñan sentido fóra de contexto. Algúns navegadores (tales como JAWS, Home Page Reader, Lynx e Opera) poden extraer a lista de enlaces da páxina actual e permitir ao usuario navegar dende esta lista. Tendo isto en conta, os enlaces non están duplicados e, se o están, é porque acceden ao mesmo contido.
Non hai pseudo enlaces javascript: todos os enlaces poden seguirse en calquera navegador, mesmo se javascript está deshabilitado.
Se atopas algunha dificultade á hora de acceder ou visualizar a nosa información, ou consideras que se podería mellorar a accesibilidade nalgún aspecto, non dubides en comunicárnolo a través da nosa páxina de contacto.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI