Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Os Parques Naturais de Santoña, Doñana, Delta do Ebro, Monfragüe e Alto Texo foi o destino de Semana Santa para 38 voluntarios e voluntarias
Os Parques Naturais de Santoña, Doñana, Delta do Ebro, Monfragüe e Alto Texo recibiron estas pasadas vacacións de Semana Santa ás 38 persoas que estrearon o Voluntariado Ambiental de FUNDACIÓN EROSKI en 2008.
Ao longo dos días de vacacións, os voluntarios e as voluntarias colaboraron na prevención de problemas ambientais, contribuíron á mellora da xestión ambiental, aprenderon a detectar problemas emerxentes, e responsabilizáronse co obxectivo de sensibilizar á sociedade e tratar de comprometela nas solucións ambientais.
Os monitores da organización SEO Birdlife foron os responsables de desenvolver talleres de anelamento, campañas de limpeza dalgúns puntos dos parques, construción e instalación de caixas niño, eliminación de plantas invasoras, colocación de pousadoiros para as aves e recollida de sedelas, entre outras actividades.
Os campos de traballo levaranse a cabo en colaboración coa organización conservacionista SEO/ BirdLife durante o período de descanso vacacional de Semana Santa ou verán (cunha duración de entre unha e dúas semanas) e en espazos naturais de alta calidade ambiental.
Preténdese colaborar na prevención de problemas ambientais, contribuír á mellora da xestión ambiental, detectar problemas emerxentes, sensibilizar á sociedade e tratar de comprometela na súa solución. Con esta iniciativa preténdese contribuír a potenciar os programas de voluntariado en espazos naturais co obxectivo de achegarse o máis posible á necesidades de cada
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI