Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Seccións dentro desta canle: Bebé


Seccións dentro desta canle: Economía


Seccións dentro desta canle: Mascotas


Seccións dentro desta canle: Medio Natural


Seccións dentro desta canle: Solidariedade

Contidos de EROSKI

Pegada de Carbono

Participa e infórmache, calcula a túa pegada de CO2, comparte os teus trucos para reducir as túas emisións? Entramos en acción para manter o quecemento global por baixo dos 2ºC.

Ver campaña

Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Preguntas máis frecuentes dos clientes

Estas son as dúbidas máis frecuentes que os consumidores formularon ó pór en marcha a campaña "Dobre Aforro: Gañas ti, Gaña o Medio".

  • Por que retiramos as nosas bolsas de plástico de sempre en EROSKI? Motívanos a boa acollida por parte dos clientes da nosa aposta pola reutilización de bolsas. Desde setembro do 2009 descontamos un céntimo de euro no tícket de compra por cada bolsa de plástico non utilizada e o éxito desta iniciativa é tal que nalgunhas tendas xa son maioría os clientes que reutilizan as súas bolsas.

    Coidamos que os datos nos avalan con acción: desde setembro do 2009, os nosos clientes aforraron máis de 42 millóns de bolsas e evitaron a emisión de case 200 toneladas de CO2. Nesta decisión tamén influíu a posibilidade dunha próxima normativa que prohiba a entrega gratuíta de bolsas de plástico dun só uso, algo que xa acontece nalgúns países europeos.
  • Cando retiramos as bolsas? Estenderemos esta medida progresivamente a todas as nosas tendas. O calendario comunicarase en cada centro con varias semanas de antelación para evitar sorpresas. Aproximadamente para o 31 de maio xa se eliminarían as ‘bolsas camiseta’ en todas as nosas tendas.
  • Que acontece co desconto de 1 céntimo de euro por bolsa no tícket de compra? Mantemos o desconto porque lles seguimos trasladando aos nosos clientes o aforro xerado pola non utilización de bolsas. Un céntimo é o que nos custa hoxe proporcionar cada bolsa e se os clientes non as empregan, seguímosllelas descontando no seu tícket de compra.
  • Que alternativas ofrecemos para non empregar 'bolsas camiseta'? En EROSKI ofrecemos diversas alternativas de bolsas, con distintos prezos e posibilidades de reutilización.
  • Hai que pagar a bolsa en cada compra? Coa bolsa reutilizable trenzada tipo rafia , por exemplo, só pagas a primeira vez que a mercas. Ao quedar inutilizada pódela entregar no punto de información dunha tenda EROSKI para encargármonos da súa reciclaxe e para que lla cambiemos ao cliente por unha nova. No caso da bolsa de plástico de 15 usos, tampouco tes que pagar cada vez que fagas a compra porque non é dun só uso.
  • É boa idea utilizar as bolsas de plástico para o lixo? O seu destino maís adecuado é o contedor amarelo, desde onde se retiran para seren recicladas. Se se usan para o lixo acaban en vertedoiros e incineradoras e é preferible que sexan recicladas.
  • De que material están feitas as bolsas reutilizables? A bolsa reutilizable EROSKI está fabricada con material plástico reciclable ao 100%. É a mellor opción de material plástico para fomentar a reutilización. En EROSKI apostamos pola reducción de residuos plásticos e neste sentido a mellor aposta é a reutilización.

Recursos desta páxina

Todo sobre Eroski, en www.eroski.es



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto