Saltar o menú de navegación e ir ao contido
No 2008 convocamos ós consumidores para debatermos sobre consumo e medio, para buscarmos boas ideas que EROSKI puidese pór en práctica e para identificarmos boas iniciativas que os consumidores puidesen incorporar ós seus hábitos cotiáns polo Medio.
Foron 17 FOCOs, reunións do Foro de Opinión dos Consumidores, en 17 cidades españolas distintas, coa participación directa de máis de 500 consumidores. Unha das conclusións máis unánimes foi que a redución de bolsas de plástico dun só uso era un dos principais retos que os consumidores e EROSKI deberiamos afrontar.
As conclusións destas reunións e a resposta de EROSKI ás propostas xurdidas foron compartidas con máis de 45.000 consumidores que valoraron a importancia das conclusións e o adecuado da resposta dada por EROSKI. Novas suxestións dos consumidores foron engadíndose nas accións concretas que xa se ían perfilando.
A campaña “Dobre Aforro: Gañas ti, Gaña o Medio”, pola que EROSKI desconta 1 céntimo por cada bolsa que non se empregue, foi explicada persoalmente a máis de 350.000 consumidores, dos que recollemos a súa opinión e suxestións para mellorármo-la iniciativa.
E uns meses máis tarde, somos 7.500.000 os consumidores que decidimos reutiliza- las bolsas, aforra-las bolsas de plástico e gozar do desconto no tícket de caixa.
EVOLUCIÓN DO NÚMERO DE CONSUMIDORES que apoian a redución das bolsas de plástico.

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI