Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Para os adultos Internet é como unha biblioteca, pero mellor. De feito, Internet é a maior biblioteca do mundo. Nela podemos repasar as novas máis recentes e documentarnos sobre calquera tema. Pero ademais, podemos escoitar música, facer compras, enviar mensaxes electrónicos e moitas cousas máis.
Para os mozos, ademais, Internet é como a praza da vila, pero mellor. Porque poden quedar con calquera persoa de calquera país. Internet é un lugar onde quedar cos amigos de sempre, onde facer novos amigos, intercambiar fotos, rexoubar, é un lugar onde xogar e facer outras miles de cousas máis.
Pero temos que estar atentos co que dicimos e onde o dicimos porque en Internet non toda a información e os recursos son seguros e fiables. Os pais deben inculcar sobre a seguridade e educar ós fillos para facer un adecuado uso desta tecnoloxía.
A campaña infoJuego 2009 foi seleccionada por Actualidade Económica como unha das "Mellores Ideas do Ano" na trixésimo primeira edición destes galardóns.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI