Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

FAQ preguntas frecuentes

Videoxogos

Son adecuados para un neno de 8 anos os videoxogos de guerras?
Os xogos de acción, de loitas e pelexas e de guerra son xogos que presentan un universo onde se gaña ou se perde. Canto máis se xoga, máis destreza se adquire. O ataque e defensa inmediata son a alternativa fronte á estratexia ou a reflexión.

Desenvolven a observación, a lateralidade e a orientación espacial, amais de canalizar a agresividade, a forza e a enerxía.

Existen videoxogos desta clasificación aos que se pode xogar a partir dos 7 anos; agora ben, é preciso un control sobre o seu contido. Para iso existe un código paneuropeo chamado código PEGI, que establece unha clasificación por idade para videoxogos e xogos de ordenador. Na parte frontal da portada aparece un indicador da idade axeitada do devandito videoxogo e na parte traseira, amais da descrición do xogo, aparecen uns indicadores que nos sinalan certos contidos do devandito videoxogo.

Que lle podo regalar a unha nena de 13 anos?
Existe unha gama moi ampla de posibilidades para a nena, polo que en primeiro cómpre saber cales son os seus gustos.

Un xogo de mesa é unha boa opción para o xogo en familia ou os xogos de construción como crebacabezas e construcións en 3 dimensións.

Outra opción é unha consola, adecuando os videoxogos á súa idade. Para iso, na portada dos videoxogos aparecen indicadores de idade establecidos polo código PEGI que clasifican os videoxogos segundo idade e contido, polo que os máis axeitados para a nena son os que indiquen +12 anos.

Por outra banda, se lle gusta a música, un bo regalo tamén pode ser un reprodutor de música, un MP3.

É adecuada unha consola Nintendo DS para un neno de 5 anos?
Actualmente, existe no mercado unha ampla gama de videoxogos e de xogos de ordenador axeitados para esta idade. Segundo o código PEGI, existen videoxogos axeitados para nenos maiores de 3 anos.

Doutra banda, no tocante á videoconsola, é recomendable axudalo na súa instalación e uso, sobre todo nas primeiras ocasións.

É adecuado o videoxogo "Call of Duty" para un neno de 11 anos?
Segundo o código PEGI, o primeiro sistema paneuropeo que establece unha clasificación por idades e contidos para videoxogos e xogos de ordenador, este xogo está pensado para maiores de 16 anos. É un xogo baseado en conflitos bélicos, polo que contén representacións violentas e para xoga con el requírese unha conexión a Internet.

Para un neno de 5 anos son adecuados os xogos educativos virtuais?
Os xogos didácticos son adecuados para os nenos, xa que achegan a aprendizaxe dun modo lúdico. Actualmente, adaptándonos aos novos tempos, aparecen en formato virtual, e son igualmente válidos para ensinarlle ao neno.

O obxectivo deste tipo de xogos é ensinar unha materia determinada. Non comportan riscos relativos a valores transmitidos, existe unha ampla variedade e, ademais, permítenlle ao adulto acompañar o neno na aprendizaxe dun xeito desinhibido e natural. Cómpre adecuar o contido do videoxogo á idade do neno e ademais xogar con el para que este vexa as posibilidades que o xogo ofrece.

É adecuada unha consola para un rapaz de 5 anos?
Vivimos na era tecnolóxica, e o uso de videoxogos e consolas permítenlles aos mociños irse familiarizando coas novas tecnoloxías. Os videoxogos axudan ao desenvolvemento de diversas facultades nos pequenos. Existen videoxogos axeitados para rapaces de 5 anos; así e todo, o manexo dun soporte lúdico como unha consola pódelle resultar complexo, polo que precisará da axuda dun adulto á hora de facer uso dela.

É adecuada unha consola Wii para un neno de 6 anos?
Os videoxogos e consolas poden contribuír positivamente ao desenvolvemento do neno. Melloran a atención, potencian o razoamento, a reflexión e o pensamento dedutivo, melloran a rapidez de resposta, a coordinación ollo-man, etc. Os efectos positivos dos videoxogos dependen en boa parte da implicación dos pais, tanto na elección do xogo e no acordo dunhas normas sobre tempos, espazos, posturas, distancias... como nos tempos de xogo compartido cos máis cativos. A consola Wii ten un manexo moi intuitivo e unha gran variedade de xogos para xogar en grupo, polo que pode ser unha boa ferramenta de diversión para toda a familia.

A partir de que idade son máis axeitadas as consolas e videoxogos?
Segundo o código PEGI, a partir dos 3 anos xa son adecuadas certas consolas e videoxogos. Os videoxogos poden contribuír de modo positivo ao desenvolvemento do neno facendo un uso deles adecuado. É importante elixir videoxogos cun contido axeitado, non divulgador de actitudes realistas, sexistas, etc.

É adecuado un ordenador infantil para un neno de 4 anos?
Si, o uso dun ordenador infantil permítelle ao neno familiarizarse coas novas tecnoloxías, tan importantes nos nosos días. Para un o uso axeitado del cómpre que o adulto interactúe co neno, xa que en ocasións pódelle resultar complexo, e ademais debe combinalo con outro tipo de xoguetes.

É adecuado regalarlle un MP3 a unha nena de 9 anos?
Si, á súa idade a nena comeza a interesarse polas novas tecnoloxías e empeza a decantarse polos seus gustos musicais. Polo tanto, a súa opción é perfectamente válida se controlamos o uso que fai do aparello e compartimos con ela momentos e posibilidades do MP3, evitando así o seu illamento.

Xoguete tradicional

Quería información sobre o xogo "quen é quen":
Neste xogo de mesa tan popular cada xogador dispón dun taboleiro idéntico que contén 24 debuxos de personaxes identificados polo seu nome. Cada xogador selecciona unha carta ao chou dun personaxe. O obxectivo do xogo é ser o primeiro en determinar que carta seleccionou o opoñente. Isto conséguese facendo diferentes preguntas, que poden ter como resposta si ou non, para eliminar candidatos. Este xogo, ao ser un xogo de regras, favorece o desenvolvemento da memoria, o razoamento e a toma de decisións e serve tamén para gozar en familia.

Que lle podo regalar a un bebe de 7 meses?
O neno, a esta idade, está nunha etapa na que ten todo un mundo por descubrir. Os xogos axeitados á súa idade son os Xogos de Exercicio, que son aqueles que consisten basicamente en repetir unha acción polo pracer dos resultados inmediatos.

Entre este tipo de xoguetes atopámonos con móbiles de berce, xogos de manipulación, xogos musicais, peluxes, alfombras con diferentes actividades, contos con sons, andadores, bonecos de diferentes texturas con actividades, mordedores, axóuxeres, espellos irrompibles, etc.

Accións como morder, chuchar, bater, manipular, balbucir, guindar, recoller, etc. son accións asociadas a este tipo de xoguetes. En definitiva, os xogos de Exercicio contribúen ao desenvolvemento dos sentidos e favorecen a coordinación de movementos e desprazamentos do neno.

Este tipo de xogos contribúen á consecución da relación causa-efecto, aos primeiros razoamentos, á mellora de certas habilidades e ao desenvolvemento do equilibrio.

Que lle podo regalar a unha nena de 21 meses?
A esta idade, a nena está nun período de explorar, de medrar e de comprender o mundo que ten derredor. Durante estes primeiros anos de vida, o desenvolvemento cerebral e a capacidade de aprendizaxe son moito maiores que noutras etapas, polo tanto, amais de proporcionarlle xoguetes variados, cómpre que se dedique moito tempo a interactuar con ela.

O tipo de xoguetes axeitados á súa idade son os Xogos de Exercicio, que consisten en repetir unha e outra vez unha acción. Este tipo de xogos son fundamentais, xa que contribúen ao desenvolvemento dos sentidos e favorecen a coordinación de distintos tipos de movementos e desprazamentos. Contribúen aos primeiros razoamentos e á mellora de certas habilidades e ao desenvolvemento do equilibrio.

Entre este tipo de xoguetes atopámonos con andadores, xogos de manipulación, arrastres, xogos musicais, pelotas de diferentes tamaños, bonecos de diferentes texturas e cores, mesas de actividades, contos con ilustracións de goma ou tea, bonecos con encaixes sinxelos, etc.

Como incentivar a lectura nos nenos e nas nenas?
É fundamental inculcarlles aos nosos fillos e fillas o gusto pola lectura dende cativos. Para iso é importante buscar na casa un espazo tranquilo e agradable para poder ler a canda eles os seus contos e libros. Nos primeiros anos de idade, o neno sentirá curiosidade polas ilustracións dos contos, polas súas texturas, cores... e gozará escoitando o conto mentres observa as imaxes. Ao medraren un chisco xa son quen de seguiren e interpretaren unha historia con coherencia á vez que fan preguntas. Estimular dende pequenos os nosos fillos e fillas para que lean, axudará a crearlles un hábito de lectura e a transmitirlles valores dentro dun marco doado de entender.

Teño un rapaz de 7 anos e outro de 14. Hai xogos axeitados para ambas as dúas idades cos que xogar en familia?
Existen diversos xogos para que poidan xogar todos os membros da familia. Os xogos de mesa son unha opción ideal. O principal é elixir un xogo que non resulte demasiado complexo para o pequeno nin demasiado doado para o maior nin para o resto de membros da familia, e para iso guiarémonos pola idade mínima recomendada polo fabricante. Así e todo, ao pequeno as instrucións do xogo se cadra resúltanlle algo complicadas, polo que cumprirá explicarllas máis devagar para que goce ao máximo do xogo.

Que tipo de xoguetes son axeitados para unha rapaza de 5 anos?
Con esta idade a nena está nunha época de imaxinar e de se relacionar con outros nenos e nenas. Os xogos máis adecuados para a súa idade son os xoguetes simbólicos, aqueles xogos de roles ficticios onde a imitación ocupa un papel predominante, como bonecos e bonecas, cociñas e escenarios en miniatura, disfraces, etc.; os xogos de construción, como crebacabezas, construcións e mecanos e mais os xogos de regras sinxelas nos que existe unha serie de normas que os xogadores deben cumprir para poder desenvolver o xogo.

A unha nena de 13 meses, que lle podo regalar?
Unha nena de 13 meses está nun período de explorar, desprazarse, guindar, chuchar, etc. Todas estas accións están asociadas aos xogos de exercicio, que consisten basicamente en repetir unha e outra vez unha acción. Entre este tipo de xoguetes atopámonos con xogos musicais, randeeiras, andadores, encaixes ou construcións sinxelas, libros e bonecos de goma, etc. Estes xoguetes son fundamentais para o desenvolvemento dos sentidos do neno.

A un neno de 4 anos, que xoguete didáctico lle podo regalar para fomentar o seu vocabulario?
Os xogos de expresión, de vocabulario, de imitación, simbólicos, de preguntas e respostas, electrónicos con voz, etc. ou ben aqueles cos que o neno ou nena poida participar no xogo a través da linguaxe, xa que exercitan a atención, o razoamento e mais a memoria. O desenvolvemento da linguaxe vai moi asociado a este tipo de xogos, pois os nenos verbalizan continuamente mentres realizan o xogo, tanto se están sós como se están acompañados.

Que xoguete é adecuado para un neno de 4 anos?
Á súa idade está en tempo de imaxinar, crear, imitar e relacionarse cos demais. Os xoguetes axeitados á súa idade son os Xogos Simbólicos, que son aqueles que se basean en roles ficticios onde a imitación ocupa un papel predominante e entre os cales están os bonecos, as casas, os garaxes, os escenarios en miniatura, etc.; os Xogos de Construción entre os que nos atopamos con construcións simples, crebacabezas, mecanos, etc. e mais os Xogos de Regras Simples, entre os que nos atopamos con xogos de habilidade, xogos de preguntas e respostas, futbolíns, etc.

A miña filla ten minusvalidez motora. Que xoguete é adecuado para ela?
É necesario que o xoguete poida ser controlado pola nena. Xa que logo, debe ter interruptores e botóns doados de accionar, as súas pezas deben ser boas de encaixar, deben ter un fácil acceso a todas as posibilidades ou funcións do xogo e que non esixan rapidez de movementos e, ante todo, debe resultar atraente e divertido para o neno.

Que xoguete é adecuado para un bebé?
Nos primeiros meses de vida, o bebé ten todo un mundo por descubrir. Accións como chupar, morder, bater, manipular, guindar, etc. son accións asociadas aos xogos de exercicio, entre os cales se atopan os móbiles de berce, os andadores, os corre-corre, os xogos musicais, os arrastres, os xogos de manipulación, etc.

Premio "Mellor Idea do Ano"

A campaña infoJuego 2009 foi seleccionada por Actualidade Económica como unha das "Mellores Ideas do Ano" na trixésimo primeira edición destes galardóns.

Alejandro Martínez Director Responsabilidade Social EROSKI


Recursos desta páxina

Todo sobre Eroski, en www.eroski.es



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto