Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

En EROSKI

Estamos preparados para afrontar a Gripe A

En EROSKI tomamos medidas para pro-texer a saúde dos nosos/as clientes e traba-lladores/as, para evitar tanto como sexa posible a expansión do virus e garantir a seguridade alimentaria. Ademais, creamos un plan co que garantir o abastecemento ós nosos/as clientes/as.

Ese plan de actuación irase poñendo en práctica segundo evolucione a situación e se fagan necesarios distintos niveis nas medidas de protección.

O plan está deseñado consonte as reco-mendacións e os datos de evolución de afectados indicados polas Autoridades Sanitarias.

Podo consumir alimentos frescos cociñados?

A Organización Mundial da Saúde (OMS) sinala que a Gripe A non se transmite a través do consumo de alimentos que teñan sido preparados axeitadamente. O virus H1N1 morre doadamente a temperaturas de cocción de 70oC.

Podo consumir alimentos preparados?

É recomendable o consumo de alimentos acabados de preparar ou alimentos que teñan sido conservados en envases pechados trala súa preparación.

Que medidas puxo en marcha EROSKI entre os seus traballadores/as?

  • Reforzáronse as pautas hixiénicas e aumentáronse as reservas de xabón, papel secamáns, etc.
  • Proporcionouse desinfectante de mans ós/ás traballadores/as.
  • Reforzáronse as medidas de limpeza das tendas e outros centros de traballo.
  • Definíronse as pautas de actuación sanitaria perante os casos positivos confirmados.

Por que os/as traballado-res/as non usan luvas ou máscaras?

Seguimos a recomendación das Autoridades Sanitarias de lava-las mans frecuentemente como principal medida de hixiene. As luvas e máscaras dan, en moitas ocasións, unha falsa sensación de hixiene, pero en realidade o seu uso pode aumentar o risco de propagación do virus.


Recursos desta páxina

Todo sobre Eroski, en www.eroski.es



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto