Saltar o menú de navegación e ir ao contido
A Gripe A xa é un tema de conversa habitual entre nós. Os medios de comunicación dannos información actualizada sobre a súa evolución no mundo. Pero, que é a Gripe A?, en que se diferencia da gripe estacional? e, sobre todo, que facer para previla?
Que é a Gripe A?
A Gripe H1N1, máis coñecida como Gripe A, é un novo subtipo de virus da gripe fronte ó que, precisamente por ser novo, non estamos inmunizados. Contáxiase de persoa a persoa polo ar, a través das pingas de saliva ou secrecións nasais que se expulsan ó tusir, falar ou esbirrar.
Tanto a gripe estacional como a Gripe A son enfermidades epidémicas que se xeran pola combinación de virus. A diferenza está en que a Gripe A é un novo subtipo de virus da gripe fronte ó que, precisamente por ser novo, non estamos inmunizados.
Si, pódese previr en parte. Podemos tomar medidas preventivas fronte á Gripe A. Son sinxelas pautas hixiénicas, pero moi importantes para axudar a protexernos.
Descargar folleto en Pdf (22.8Mb)
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI