Saltar o menú de navegación e ir ao contido
EROSKI desconta un céntimo de euro aos consumidores por cada bolsa camiseta non utilizada na compra, unha iniciativa que supón un aforro tamén para o medio ambiente, posto que se calcula que con esta iniciativa se deixarán de empregar uns 60 millóns de bolsas de plástico ao ano
EROSKI, consciente da problemática que xeran as bolsas de plástico, pon en marcha unha iniciativa novidosa para axudar aos consumidores a adoptar hábitos de consumo máis respectuosos co medio ambiente: descontará un céntimo de euro aos consumidores por cada bolsa camiseta non empregada na compra desde o 10 de setembro. Ademais do aforro económico para os clientes, esta iniciativa supón un aforro tamén para o medio ambiente, ao reducir o uso das bolsas de plástico e, polo tanto, o seu impacto.
O sistema informático de caixa calculará automaticamente o número de bolsas camiseta que se terían necesitado en función do volume da súa compra e descontarase dun xeito inmediato sobre o importe total. Para facilitar novos hábitos de compra coas bolsas, EROSKI porá a disposición dos clientes diferentes alternativas para substituír as bolsas camiseta, como as bolsas reutilizables, así como os tradicionais carros da compra. Ademais, EROSKI seguirá proporcionando gratis bolsas de plástico de un só uso para aqueles clientes que así o desexen.
EROSKI calcula que con esta iniciativa deixaranse de empregar uns 60 millóns de bolsas de plástico ao ano.
Esta iniciativa súmase ás Escolas de Consumidores, sesións formativas nas que os asistentes poden informarme sobre temas como as maneiras de reducir as emisións de CO2, como e que reutilizar e reciclar, ou boas prácticas de consumo sustentable, entre outros temas.
De feito, a iniciativa responde á preocupación medioambiental sobre a redución das bolsas de plástico mostrada polos clientes nos Focos de Consumidores que organiza EROSKI. En 2008 celebráronse 17 focos en outras tantas cidades españolas e nestas reunións os consumidores aseguraron que a utilización de bolsas ecolóxicas reutilizables e as campañas de información e sensibilización son dúas das achegas de EROSKI que consideran máis importantes para conservar e coidar o medio ambiente.
A iniciativa conta co apoio das ONG WWF España, entidade coa que novamente colabora EROSKI.
"Existe unha falta de concienciación nos consumidores acerca do impacto medioambiental que o uso das bolsas produce e, por iso, decidimos dar un paso máis no noso compromiso coa redución do uso deste tipo de bolsas. Cremos que premiando a aqueles consumidores que eviten a utilización das bolsas camiseta podemos contribuír dun xeito moi eficaz a cambiar os seus costumes e convertelos en cidadáns ecoloxicamente máis responsables", afirma Alejandro Martínez, Director de Responsabilidade Social de EROSKI.
Para Juan Caros do Olmo, Secretario Xeral de WWF España, "a produción de bolsas de plástico, o uso desmedido que facemos delas e o seu proceso de reciclase é un dos problemas ambientais máis graves que temos as sociedades modernas. Conscientes da súa incidencia no medio ambiente, EROSKI e WWF España quixemos xuntar esforzos e achegar o noso gran de area a un mundo máis limpo e respectuoso co noso entorno. EROSKI descontará aos seus clientes no tícket de compra as bolsas que non empreguen. É unha iniciativa pioneira que vai dar un forte impulso á popularización de hábitos de consumo máis sustentables".
En España, cada cidadán emprega anualmente unha media de 238 bolsas de plástico dun só uso, o que se traduce no consumo total de preto de 16.000 millóns de bolsas. Este feito supón un gran impacto medioambiental, posto que o uso destas bolsas, tamén denominadas bolsas 'camiseta', xeran ao redor de 100.000 toneladas de lixo e unha emisión de 441.000 toneladas de CO2.
O Plan Nacional de Residuos establece o obxectivo de reducir ao 50% as bolsas dun só uso para 2010, pero existe unha falta total de concienciación nos consumidores, xa que actualmente só se recicla o 10% das bolsas.
EROSKI leva cerca de 20 anos traballando para minimizar os efectos que as bolsas de plástico producen no medioambiente. Desde que en 1991 EROSKI lanzaran as primeiras bolsas respectuosas co medio ambiente, a súa presenza foi unha constante nas súas tendas.
O coidado do medioambiente e a protección da biodiversidade son un reto permanente polo que EROSKI loita día a día, facendo partícipes tanto a traballadores como a provedores e clientes a través da posta en marcha de diferentes iniciativas.
Bitácora deste compromiso:
- 1991: lanzamento das primeiras bolsas respectuosas co medio ambiente, eran fotodegradables.
- 1997: lanzamento das bolsas reutilizables, usables ata en 15 ocasións e cun 40% máis de capacidade. Contribuíron ao aforro de preto de 2.700.000 bolsas tipo camiseta só durante 2007.
- 2007: eliminación de boa parte do colorante das bolsas de plástico tradicionais, reducindo os efectos daninos que este compoñente provoca.
- 2008: lanzamento dunha proba piloto con tres tipos de bolsas reutilizables (bolsa reutilizable de plástico; bolsa ecolóxica de rafia e bolsa eco-contigo de TNT) que conseguiu evitar o uso de 1.250.000 bolsas tradicionais.
- Xuño 2009: lanzamento da nova bolsa reutilizable.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI