Denomínase hipertensión a unha elevación sostida dosniveis da presión sanguínea por encima de valores considerados normais(presión sistólica > 135 mmHg, presión diastólica > 85 mmHg).
O exceso de sodio relaciónase con retención de líquidosnos tecidos do corpo e por tanto, co incremento dos valores detensión.
A dieta debe orientarse a reducir o consumo de sal (sal de mesa, xamónserrano, charcutería, encurtidos, afumados, conservas, queixos curados),reducir de peso (en caso de sobrepeso ou obesidade), asegurar una cantidadeadecuada de antioxidantes naturais (froitas e verduras) e de fibra e potasio(verduras, froitas e froitos secos, legumes e cereais integrais) e abstersedo consumo habitual de alcol. A práctica regular de exercicio e una vidamáis relaxada contribúen a normalizar os niveis de tensión arterial.