O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) fixou onte os custos da eliminación das fariñas cárnicas a través dunha Orde que modifica á anterior e que impón un custo porcentual. Esta Orde presenta a novidade de que ampla a taxa que se aplica actualmente á carne de vacún ao xamón, ás carnes de pavo, avestruz, cabalo e especies de caza maior e menor.
A medida, publicada no Boletín Oficial do Estado (BOE), establece os custos que se han de trasladar aos consumidores entre 0,015 e 0,185 euros por quilo. Máis concretamente, para a eliminación dos subproductos cárnicos procedentes do ovino e caprino fixouse un custo adicional de 0,66 e 0,185 euros por quilo; para aves e coellos, entre 0,024 e 0,136 euros quilo; avestruces, 0,048 euros; caza maior, 0,25 euros; caza menor, 0,5 euros; equinos, 0,017 euros; porcino, entre 0,15 e 0,50 euros; e bovino, entre 0,20 e 0,70 euros.
Desta forma, a taxa que cobran os matadoiros para controlar a eliminación dos residuos das carnes pasa a comerciantes e consumidores. Isto facilitará, segundo as industrias cárnicas, as asociacións sectoriais e as asociacións agrarias, a distribución comercial dos custos das medidas sanitarias.