Albóndigas de verdel con salsa rápida

Elaboración
Pomos a faragulla de pan a remollo co leite.
Limpamos os verdeles de pel e espiñas, e desmigamos co robot de cociña. Engadimos a parte do peixe, o perexil, o dente de allo pelado, o sal, a pementa e o ovo xunto coa faragulla de pan remojada e trituramos até formar unha masa manexable.
Moldeamos a masa en forma de albóndigas. Pasámolas por fariña e fritímolas en aceite moi quente.
Unha vez fritas lixeiramente, sacámolas da tixola e pómolas sobre papel de cociña para que absorba o exceso de aceite.
Na mesma tixola, á que retirariamos case todo o aceite de fritura, sofreímos os dentes de allo cortado en brounoisse (troceadito moi pequeno). Cando comece a coller cor agregamos a salsa de tomate caseira, unhas gotitas de salsa de soia e o azucre. Deixamos que faga un hervor e pasamos polo colador chinés. Reservamos.
Posteriormente, introducimos as albóndigas de verdel na salsa rápida.
Podemos acompañar o prato cun pouco de brécol e zanahoria cocida.
Semáforo nutricional
O semáforo nutricional é un sistema de cores que permite entender os valores nutricionais dun xeito claro, rápido e completo.
Unha ración contén
Calorías | Graxa | Graxa saturada | Azucres | Sal |
---|---|---|---|---|
1035 | 87,8g | 15,3g | 5,6g | 1g |
52% | 125% | 77% | 6% | 17% |
* da inxestión de referencia (IR) para un adulto
- Baixa: o 10 % ou menos da inxestión de referencia
- Media: entre o 10 % e o 35 % da inxestión de referencia
- Alta: máis do 35 % da inxestión de referencia
As receitas presentan normalmente ingredientes cuxo porcentaxe sobre a Inxestión de Refencia (IR) é alto (predominan amarelos e laranxas). Estes pratos están concibidos como prato principal dunha comida ou cea, co que o seu tamaño de ración é superior e a súa achega nutricional é máis elevada.
Por este motivo, as receitas teñen puntos de corte diferentes aos dos produtos. Así, por exemplo, mentres que un alimento calquera terá os nutrientes de cor amarela ata un valor máximo do 20 % da IR, as receitas concibidas como unha comida principal terán os nutrientes en amarelo ata un valor máximo do 35 % da IR.
Calorías | Graxa | Graxa saturada | Azucres | Sal | |
---|---|---|---|---|---|
Que é baixo por ración | 200 Kcal ou menos | 7 g ou menos | 2 g ou menos | 9 g ou menos | 0,6 g ou menos |
Que é medio por ración | Entre 200 Kcal e 700 Kcal | Entre 7 g e 25 g | Entre 2 g e 7 g | Entre 9 g e 32 g | Entre 0,6 g e 2,1 g |
Que é alto por ración | 700 Kcal ou máis | 25 g ou máis | 7 g ou máis | 32 g ou máis | 2,1 g ou máis |
Nutrientes | Cantidade Diaria Orientativa |
---|---|
Calorías | 2.000 Kcal |
Graxa | 70 g |
Graxa saturada | 20 g |
Azucres | 90 g |
Sal | 6 g |
A Inxesta de Referencia (IR) é unha guía sobre a cantidade total de calorías e de varios nutrientes que debemos inxerir ao día para manter unha dieta sa. A información sobre as porcentaxes de IR indica o que supón a cantidade de nutriente dunha ración a respecto da IR para ese nutriente no día.
As porcentaxes de Inxesta de Referencia (IR) están calculadas para unha muller adulta cunha inxestión diaria de 2000 kcal. As necesidades nutricionais individuais poden ser máis altas ou máis baixas, en función de sexo, idade, nivel de actividade física e outros factores.
Aproveitar os peixes da tempada para deleitar con novas receitas é unha idea sa. O verdel, como peixe azul, é rico en en ácidos graxos omega-3, con funcións dabondo coñecidas sobre a prevención de enfermidades cardiovasculares. O máis usual é comelo asado ao forno, e mesmo acompañado de patacas panadeiras. Para a elaboración das albóndigas, ademais do verdel empréganse tamén pan e ovo, e ademais cocíñanse fritas, polo que o valor calórico que en principio presenta este peixe vai verse lixeiramente incrementado. Para acompañar ás albóndigas, prepárase unha rica e sinxela salsa de tomate, que suaviza o sabor máis pronunciado do peixe e enriquece a receita en nutrientes reguladores e antioxidantes, escasos doutra banda no verdel.
- Alergia a la caseína
- Anemia ferropenica (falta de hierro)
- Anemia perniciosa (carencia de vitamina B12)
- Anemia por carencia de ácido fólico
- Cálculos en la vesícula biliar
- Cálculos renales
- Diabetes mellitus
- Estreñimiento
- Hipercolesterolemia
- Hipertensión arterial
- Hipertrigliceridemia
- Intolerancia a la lactosa
- Meteorismo
- Obesidad o sobrepeso
- Osteoporosis
- Ácido úrico y gota
- Alergia al huevo
- Alergia al pescado
- Gastritis
- Intolerancia al gluten (celiaquía)