Durante moito tempo os herbolarios chineses encomiaron as propiedades beneficiosas desta bebida, consumida diariamente en todo o mundo desde hai séculos.
O té verde provén das follas, recentemente recollidas, da planta do té cocidas ao vapor, leadas e secadas a temperatura elevada. As sustancias que contén son de gran interese dietético e nutricional; principalmente flavonoides con acción antioxidante (catequinas, rubigenina, flavina e taninos). Só unha cunca de té achega xa ao redor de 200 mg de flavonoides, a maioría do cales se libera durante o primeiro minuto de infusión. Así mesmo, o té verde contén outras sustancias beneficiosas, polo que se recomenda como complemento no tratamento de diversas doenzas; algúns dos seus efectos van desde despexar a voz ou facilitar os procesos dixestivos ata aliviar a retención de líquidos.