Empanadillas de atún

Elaboración
Quentamos aceite nunha tixola e fritimos a cebola a lume lento 5 minutos. Engadimos o pemento e fritimos 5 minutos máis.
Incorporamos os tomates, salpimentamos e deixamos fritir 20 minutos máis a lume lento.
Agregamos o atún ben desmenuzado e mesturamos ben os ingredientes.
Enchemos con esta mestura as obleas, dobramos pola metade e selamos as xuntas cun tenedor.
Fritimos en abundante aceite quente.
Unha vez fritas deixamos escurrir nunha bandexa con papel de cociña.
Servimos posteriormente noutra bandexa acompañadas dunha ensalada.
Semáforo nutricional
O semáforo nutricional é un sistema de cores que permite entender os valores nutricionais dun xeito claro, rápido e completo.
Unha ración contén
Calorías | Graxa | Graxa saturada | Azucres | Sal |
---|---|---|---|---|
290 | 17,6g | 7g | 3,9g | 0,6g |
15% | 25% | 35% | 4% | 11% |
* da inxestión de referencia (IR) para un adulto
- Baixa: o 10 % ou menos da inxestión de referencia
- Media: entre o 10 % e o 35 % da inxestión de referencia
- Alta: máis do 35 % da inxestión de referencia
As receitas presentan normalmente ingredientes cuxo porcentaxe sobre a Inxestión de Refencia (IR) é alto (predominan amarelos e laranxas). Estes pratos están concibidos como prato principal dunha comida ou cea, co que o seu tamaño de ración é superior e a súa achega nutricional é máis elevada.
Por este motivo, as receitas teñen puntos de corte diferentes aos dos produtos. Así, por exemplo, mentres que un alimento calquera terá os nutrientes de cor amarela ata un valor máximo do 20 % da IR, as receitas concibidas como unha comida principal terán os nutrientes en amarelo ata un valor máximo do 35 % da IR.
Calorías | Graxa | Graxa saturada | Azucres | Sal | |
---|---|---|---|---|---|
Que é baixo por ración | 200 Kcal ou menos | 7 g ou menos | 2 g ou menos | 9 g ou menos | 0,6 g ou menos |
Que é medio por ración | Entre 200 Kcal e 700 Kcal | Entre 7 g e 25 g | Entre 2 g e 7 g | Entre 9 g e 32 g | Entre 0,6 g e 2,1 g |
Que é alto por ración | 700 Kcal ou máis | 25 g ou máis | 7 g ou máis | 32 g ou máis | 2,1 g ou máis |
Nutrientes | Cantidade Diaria Orientativa |
---|---|
Calorías | 2.000 Kcal |
Graxa | 70 g |
Graxa saturada | 20 g |
Azucres | 90 g |
Sal | 6 g |
A Inxesta de Referencia (IR) é unha guía sobre a cantidade total de calorías e de varios nutrientes que debemos inxerir ao día para manter unha dieta sa. A información sobre as porcentaxes de IR indica o que supón a cantidade de nutriente dunha ración a respecto da IR para ese nutriente no día.
As porcentaxes de Inxesta de Referencia (IR) están calculadas para unha muller adulta cunha inxestión diaria de 2000 kcal. As necesidades nutricionais individuais poden ser máis altas ou máis baixas, en función de sexo, idade, nivel de actividade física e outros factores.
Esta receita é unha das máis aceptadas polos nenos e os mozos, e que se si elabora en casa con ingredientes naturais, representa unha alternativa saudable ás empanadillas que se venden precociñadas. Estes alimentos preparados para o seu consumo, teñen a vantaxe de ser máis cómodos, pero as súas características nutricionais moitas veces non forman parte dunha alimentación saudable e equilibrada. Adoitan ter un valor enerxético superior aos que se elaboran en casa, ademais de conter ingredientes menos saudables, máis sodio e aditivos. Poden sacarnos dun apuro se non temos tempo para cociñar, pero é aconsellable non incluílos habitualmente na dieta. Esta receita, pola combinación dun peixe azul como é o atún, xunto coas verduras, proporciona unha boa cantidade de nutrientes beneficiosos para a saúde. Pódense destacar os ácidos graxos omega 3 do peixe, protectores da saúde cardiovascular, e a fibra e as vitaminas das verduras. Como a preparación das empanadillas require unha fritura, enriquécese o prato en enerxía e graxas. Este tipo de preparacións non son axeitadas para as persoas que deban moderar o consumo de graxas na dieta ou para aquelas que teñan que restrinxir o achegue calórico.
- Alergia a la caseína
- Alergia al huevo
- Anemia ferropenica (falta de hierro)
- Anemia perniciosa (carencia de vitamina B12)
- Anemia por carencia de ácido fólico
- Cálculos en la vesícula biliar
- Cálculos renales
- Diabetes mellitus
- Estreñimiento
- Hipercolesterolemia
- Hipertrigliceridemia
- Intolerancia a la lactosa
- Osteoporosis
- Ácido úrico y gota
- Alergia al pescado
- Gastritis
- Hipertensión arterial
- Intolerancia al gluten (celiaquía)
- Meteorismo
- Obesidad o sobrepeso