Unha adega uruguaia ha fabricado o primeiro viño ecolóxico do mundo, dirixido especialmente aos diabéticos, xa que non contén ningún tipo de azucre nin edulcorantes artificiais, aseguraron os científicos que traballaron no proxecto.
Segundo Jorge Vázquez Netto, vicepresidente da Comisión Técnica da Asociación de Diabéticos de Uruguai, no proceso de elaboración deste produto a uva chega ao cento por cento da súa fermentación e non queda absolutamente ningún rastro de azucre, sen que se modifique absolutamente o sabor tradicional desta bebida.
Trátase dun produto totalmente natural, asegurou Vázquez Netto, aínda que recomenda tomalo de forma moderada “porque non deixa de ser alcol”, e suxeriu que os homes poden consumir dúas copas ao día e as mulleres unha copa.
Os estudos realizados nos últimos anos sobre este produto revelaron que non fai dano e que, ademais, mellora a esfera metabólica e a cardiovascular do diabético, apuntou o científico.
Os comercios e algúns restaurantes do país suramericano xa comezaron a distribuír o viño ecolóxico para diabéticos e os seus fabricantes esperan poder vender o seu produto en mercados estranxeiros.