Flan con crema de mazá e nata

Elaboración
Pelamos finamente a casca do limón para que non teña a pulpa branca.
Pomos a cocer a cortiza no leite durante uns minutos e retiramos do lume cando ferva.
Deixamos que repouse un pouco o leite e tome aroma a limón, coma se fose unha infusión.
Coa metade do azucre, un pouco de auga e un pouco de zume do limón, facemos o caramelo nun recipiente e logo caramelizamos as flaneras polo seu interior.
Por outra banda mesturamos o resto do azucre cos ovos, batendo ben até formar unha crema fina
Cando estea amornada o leite e sen a peladura do limón, engadimos a mestura dos ovos e o azucre, coándoo previamente ao engadilo ao leite.
Vertemos esta mestura nas flaneras e pomos a cocer ao baño maría.
Podemos cocer no forno a baño maría ou nunha cazuela no lume da cociña.
Cando notemos que o flan callou sacamos do baño maría, deixamos arrefriar e desmoldamos.
Acompañamos de nata con azucar semi montada na parte superior do flan desmoldado e duns montoncitos de compota de mazá ao redor do flan.
Semáforo nutricional
O semáforo nutricional é un sistema de cores que permite entender os valores nutricionais dun xeito claro, rápido e completo.
Unha ración contén
Calorías | Graxa | Graxa saturada | Azucres | Sal |
---|---|---|---|---|
402 | 22,9g | 10,7g | 36,5g | 0,2g |
20% | 33% | 54% | 41% | 3% |
* da inxestión de referencia (IR) para un adulto
- Baixa: o 10 % ou menos da inxestión de referencia
- Media: entre o 10 % e o 35 % da inxestión de referencia
- Alta: máis do 35 % da inxestión de referencia
As receitas presentan normalmente ingredientes cuxo porcentaxe sobre a Inxestión de Refencia (IR) é alto (predominan amarelos e laranxas). Estes pratos están concibidos como prato principal dunha comida ou cea, co que o seu tamaño de ración é superior e a súa achega nutricional é máis elevada.
Por este motivo, as receitas teñen puntos de corte diferentes aos dos produtos. Así, por exemplo, mentres que un alimento calquera terá os nutrientes de cor amarela ata un valor máximo do 20 % da IR, as receitas concibidas como unha comida principal terán os nutrientes en amarelo ata un valor máximo do 35 % da IR.
Calorías | Graxa | Graxa saturada | Azucres | Sal | |
---|---|---|---|---|---|
Que é baixo por ración | 200 Kcal ou menos | 7 g ou menos | 2 g ou menos | 9 g ou menos | 0,6 g ou menos |
Que é medio por ración | Entre 200 Kcal e 700 Kcal | Entre 7 g e 25 g | Entre 2 g e 7 g | Entre 9 g e 32 g | Entre 0,6 g e 2,1 g |
Que é alto por ración | 700 Kcal ou máis | 25 g ou máis | 7 g ou máis | 32 g ou máis | 2,1 g ou máis |
Nutrientes | Cantidade Diaria Orientativa |
---|---|
Calorías | 2.000 Kcal |
Graxa | 70 g |
Graxa saturada | 20 g |
Azucres | 90 g |
Sal | 6 g |
A Inxesta de Referencia (IR) é unha guía sobre a cantidade total de calorías e de varios nutrientes que debemos inxerir ao día para manter unha dieta sa. A información sobre as porcentaxes de IR indica o que supón a cantidade de nutriente dunha ración a respecto da IR para ese nutriente no día.
As porcentaxes de Inxesta de Referencia (IR) están calculadas para unha muller adulta cunha inxestión diaria de 2000 kcal. As necesidades nutricionais individuais poden ser máis altas ou máis baixas, en función de sexo, idade, nivel de actividade física e outros factores.
Os ovos son alimentos moi interesantes desde o punto de vista nutricional.
A súa clara é rica en proteínas de alto valor biolóxico, mentres
que a súa xema achega graxa e colesterol pero tamén vitaminas liposolubles,
vitaminas do grupo B e diferentes minerais como ferro e fósforo,
entre outros. Ao cociñar os ovos con salsa bechamel e chourizo, o seu contido
graxo e calórico vai aumentar de forma notable, polo que persoas
con exceso de peso ou niveis elevados de colesterol ou triglicéridos
en sangue deben limitar ou evitar incluír este tipo de pratos na súa alimentación.
- Ácido úrico y gota
- Alergia al pescado
- Anemia ferropenica (falta de hierro)
- Anemia perniciosa (carencia de vitamina B12)
- Anemia por carencia de ácido fólico
- Intolerancia al gluten (celiaquía)
- Meteorismo
- Osteoporosis
- Alergia a la caseína
- Alergia al huevo
- Cálculos en la vesícula biliar
- Cálculos renales
- Diabetes mellitus
- Estreñimiento
- Gastritis
- Hipercolesterolemia
- Hipertensión arterial
- Hipertrigliceridemia
- Intolerancia a la lactosa
- Obesidad o sobrepeso