Flan de améndoas e coco

Elaboración
Elaboramos un caramelo para bañar as flaneras con 100 g de azucre e 3 cucharadas de auga.
Deixamos que se quente a lume suave ata que o azucre se disolva. Subimos o lume e deixamos ferver ata que o almíbar adquira unha cor dourada escuro.
Unha vez conseguido o caramelo repartimos en 4 flaneras.
Para elaborar o flan pomos ao lume o leite xunto coa pel de limón.
Cocemos o leite ata que rompa a ferver.
Retiramos do lume o leite e coámola retirando a cortiza do limón.
Mentres se arrefría o leite batemos os ovos nun recipiente aparte xunto co resto do azucre, o coco e a améndoa moída.
Mesturamos o batido de ovos co leite tépedo e vertemos esta preparación nas flaneras
Unha vez enchidas as flaneras pómolas dentro dun baño maría (nunha bandexa de forno con auga) e cocémolas no forno previamente quentado a unha temperatura de 180ºC durante 40 minutos ou ata que estean callados.
Deixamos arrefriar e desmoldamos antes de servir.
Semáforo nutricional
O semáforo nutricional é un sistema de cores que permite entender os valores nutricionais dun xeito claro, rápido e completo.
Unha ración contén
Calorías | Graxa | Graxa saturada | Azucres | Sal |
---|---|---|---|---|
430 | 17,9g | 6,9g | 55,9g | 0,1g |
22% | 26% | 35% | 62% | 1% |
* da inxestión de referencia (IR) para un adulto
- Baixa: o 10 % ou menos da inxestión de referencia
- Media: entre o 10 % e o 35 % da inxestión de referencia
- Alta: máis do 35 % da inxestión de referencia
As receitas presentan normalmente ingredientes cuxo porcentaxe sobre a Inxestión de Refencia (IR) é alto (predominan amarelos e laranxas). Estes pratos están concibidos como prato principal dunha comida ou cea, co que o seu tamaño de ración é superior e a súa achega nutricional é máis elevada.
Por este motivo, as receitas teñen puntos de corte diferentes aos dos produtos. Así, por exemplo, mentres que un alimento calquera terá os nutrientes de cor amarela ata un valor máximo do 20 % da IR, as receitas concibidas como unha comida principal terán os nutrientes en amarelo ata un valor máximo do 35 % da IR.
Calorías | Graxa | Graxa saturada | Azucres | Sal | |
---|---|---|---|---|---|
Que é baixo por ración | 200 Kcal ou menos | 7 g ou menos | 2 g ou menos | 9 g ou menos | 0,6 g ou menos |
Que é medio por ración | Entre 200 Kcal e 700 Kcal | Entre 7 g e 25 g | Entre 2 g e 7 g | Entre 9 g e 32 g | Entre 0,6 g e 2,1 g |
Que é alto por ración | 700 Kcal ou máis | 25 g ou máis | 7 g ou máis | 32 g ou máis | 2,1 g ou máis |
Nutrientes | Cantidade Diaria Orientativa |
---|---|
Calorías | 2.000 Kcal |
Graxa | 70 g |
Graxa saturada | 20 g |
Azucres | 90 g |
Sal | 6 g |
A Inxesta de Referencia (IR) é unha guía sobre a cantidade total de calorías e de varios nutrientes que debemos inxerir ao día para manter unha dieta sa. A información sobre as porcentaxes de IR indica o que supón a cantidade de nutriente dunha ración a respecto da IR para ese nutriente no día.
As porcentaxes de Inxesta de Referencia (IR) están calculadas para unha muller adulta cunha inxestión diaria de 2000 kcal. As necesidades nutricionais individuais poden ser máis altas ou máis baixas, en función de sexo, idade, nivel de actividade física e outros factores.
Nesta receita aprendemos unha variante suculenta e sinxela dos clásicos flanes de ovo ou vainilla, que achega unha gran cantidade de nutrientes ao estar elaborada con alimentos variados. O leite, ingrediente indiscutible en multitude de sobremesas, contribúe a manter a saúde dos ósos polo seu contido en calcio. Para evitar unha inxesta excesiva de graxa saturada na dieta, é recomendable empregar lácteos baixos en graxa, sobre todo se se padece hipercolesterolemia. Os ovos aseguran a presenza de proteínas de alto valor biolóxico, vitaminas liposolubles A, D e E e minerais como o fósforo, o ferro, o iodo e o selenio. Debido á cantidade de azucre empregado, esta sobremesa está desaconsellado para as persoas diabéticas. Os froitos secos, representados neste caso polas améndoas, ofrécennos unhas calidades nutricionais moi interesantes para protexer a saúde. Destacan polo seu elevado contido en graxa insaturada, que diminúe o colesterol do sangue e axuda a previr as enfermidades cardiovasculares. As améndoas son ricas en vitamina E, de acción antioxidante, e fibra, necesaria para regular o tránsito intestinal. O seu achegue de minerais é apreciable, e entre eles atopamos calcio, magnesio, potasio e fósforo. É debido ao seu elevado contido nestes dous últimos que o consumo de froitos secos en xeral estea desaconsellado en caso de insuficiencia renal. Polo seu alto achegue de graxa, sobre todo de tipo saturada, o coco é unha das froitas máis enerxéticas e que convén tomar con moderación cando hai que vixiar o achegue calórico da dieta.
- Ácido úrico y gota
- Alergia al pescado
- Anemia ferropenica (falta de hierro)
- Anemia perniciosa (carencia de vitamina B12)
- Anemia por carencia de ácido fólico
- Cálculos renales
- Diabetes mellitus
- Estreñimiento
- Gastritis
- Hipercolesterolemia
- Hipertensión arterial
- Hipertrigliceridemia
- Intolerancia al gluten (celiaquía)
- Meteorismo
- Obesidad o sobrepeso
- Osteoporosis
- Alergia a la caseína
- Alergia al huevo
- Cálculos en la vesícula biliar
- Intolerancia a la lactosa