Iogur con plátano e avellanas

Elaboración
Batemos os iogures co azucre moreno até conseguir unha textura de crema. Servimos os iogures en tazones individuais, decorando con anacos pequenos de plátanos e avellanas tostadas.
Semáforo nutricional
O semáforo nutricional é un sistema de cores que permite entender os valores nutricionais dun xeito claro, rápido e completo.
Unha ración contén
Calorías | Graxa | Graxa saturada | Azucres | Sal |
---|---|---|---|---|
174 | 5,2g | 2,2g | 23,6g | 0,1g |
9% | 7% | 11% | 26% | 2% |
* da inxestión de referencia (IR) para un adulto
- Baixa: o 10 % ou menos da inxestión de referencia
- Media: entre o 10 % e o 35 % da inxestión de referencia
- Alta: máis do 35 % da inxestión de referencia
As receitas presentan normalmente ingredientes cuxo porcentaxe sobre a Inxestión de Refencia (IR) é alto (predominan amarelos e laranxas). Estes pratos están concibidos como prato principal dunha comida ou cea, co que o seu tamaño de ración é superior e a súa achega nutricional é máis elevada.
Por este motivo, as receitas teñen puntos de corte diferentes aos dos produtos. Así, por exemplo, mentres que un alimento calquera terá os nutrientes de cor amarela ata un valor máximo do 20 % da IR, as receitas concibidas como unha comida principal terán os nutrientes en amarelo ata un valor máximo do 35 % da IR.
Calorías | Graxa | Graxa saturada | Azucres | Sal | |
---|---|---|---|---|---|
Que é baixo por ración | 200 Kcal ou menos | 7 g ou menos | 2 g ou menos | 9 g ou menos | 0,6 g ou menos |
Que é medio por ración | Entre 200 Kcal e 700 Kcal | Entre 7 g e 25 g | Entre 2 g e 7 g | Entre 9 g e 32 g | Entre 0,6 g e 2,1 g |
Que é alto por ración | 700 Kcal ou máis | 25 g ou máis | 7 g ou máis | 32 g ou máis | 2,1 g ou máis |
Nutrientes | Cantidade Diaria Orientativa |
---|---|
Calorías | 2.000 Kcal |
Graxa | 70 g |
Graxa saturada | 20 g |
Azucres | 90 g |
Sal | 6 g |
A Inxesta de Referencia (IR) é unha guía sobre a cantidade total de calorías e de varios nutrientes que debemos inxerir ao día para manter unha dieta sa. A información sobre as porcentaxes de IR indica o que supón a cantidade de nutriente dunha ración a respecto da IR para ese nutriente no día.
As porcentaxes de Inxesta de Referencia (IR) están calculadas para unha muller adulta cunha inxestión diaria de 2000 kcal. As necesidades nutricionais individuais poden ser máis altas ou máis baixas, en función de sexo, idade, nivel de actividade física e outros factores.
Esta é unha receita sinxela para mostrar como elaborar iogures de sabores con produtos naturais. Convértese nun bo truco para fomentar o consumo de froitas entre os máis pequenos, quen adoitan mostrar pouca apetencia por estes alimentos tan saudables. A combinación dun lácteo de calidades nutritivas tan interesantes como é o iogur, cunha froita tan gustosa como o plátano e coas saborosas avellanas, resulta unha sobremesa idónea para os nenos.
O iogur é un alimento probiótico, é dicir, que contén microorganismos vivos que ao ser inxeridos producen un efecto beneficioso na saúde, ao actuar sobre a flora bacteriana do intestino. Isto tradúcese nunha estimulación da resposta inmunitaria, un aumento da absorción de calcio e unha mellora da digestibilidad da lactosa. En xeral, as persoas con intolerancia á lactosa toleran mellor os iogures que o leite, pero sempre hai que valoralo individualmente. Quen teñan que reducir calorías e azucres da dieta, mellor que opten por facer esta receita sen azucre. O dulzor do plátano ben compensa a lixeira acidez do iogur natural.
- Ácido úrico y gota
- Alergia al huevo
- Alergia al pescado
- Anemia ferropenica (falta de hierro)
- Anemia perniciosa (carencia de vitamina B12)
- Anemia por carencia de ácido fólico
- Cálculos en la vesícula biliar
- Cálculos renales
- Diabetes mellitus
- Gastritis
- Hipercolesterolemia
- Hipertensión arterial
- Hipertrigliceridemia
- Intolerancia al gluten (celiaquía)
- Meteorismo
- Obesidad o sobrepeso
- Osteoporosis
- Alergia a la caseína
- Estreñimiento
- Intolerancia a la lactosa