Macedonia de froitas

Elaboración
Limpamos e reservamos as fresas no frigorífico. Pelamos a froita, cortamos en dados e pomos nun bol. Engadimos o azucre removendo con coidado a froita, operación que repetiremos catro veces, metendo e sacando o bol do frigorífico. Agregamos o kirsch (engadimos as fresas ao bol onde temos a froita un momento antes de pór o kirsch) e o viño branco. Temos esta mestura no frigorífico unhas 4 ou 5 horas. Distribuímos nos cuencos de sobremesa. No centro de cada prato facemos un oco cun vaso e nel pomos unha cucharada de nata e sobre esta unha guinda.
Semáforo nutricional
O semáforo nutricional é un sistema de cores que permite entender os valores nutricionais dun xeito claro, rápido e completo.
Unha ración contén
Calorías | Graxa | Graxa saturada | Azucres | Sal |
---|---|---|---|---|
348 | 18,5g | 9,9g | 29,1g | 0g |
17% | 26% | 49% | 32% | 0% |
* da inxestión de referencia (IR) para un adulto
- Baixa: o 10 % ou menos da inxestión de referencia
- Media: entre o 10 % e o 35 % da inxestión de referencia
- Alta: máis do 35 % da inxestión de referencia
As receitas presentan normalmente ingredientes cuxo porcentaxe sobre a Inxestión de Refencia (IR) é alto (predominan amarelos e laranxas). Estes pratos están concibidos como prato principal dunha comida ou cea, co que o seu tamaño de ración é superior e a súa achega nutricional é máis elevada.
Por este motivo, as receitas teñen puntos de corte diferentes aos dos produtos. Así, por exemplo, mentres que un alimento calquera terá os nutrientes de cor amarela ata un valor máximo do 20 % da IR, as receitas concibidas como unha comida principal terán os nutrientes en amarelo ata un valor máximo do 35 % da IR.
Calorías | Graxa | Graxa saturada | Azucres | Sal | |
---|---|---|---|---|---|
Que é baixo por ración | 200 Kcal ou menos | 7 g ou menos | 2 g ou menos | 9 g ou menos | 0,6 g ou menos |
Que é medio por ración | Entre 200 Kcal e 700 Kcal | Entre 7 g e 25 g | Entre 2 g e 7 g | Entre 9 g e 32 g | Entre 0,6 g e 2,1 g |
Que é alto por ración | 700 Kcal ou máis | 25 g ou máis | 7 g ou máis | 32 g ou máis | 2,1 g ou máis |
Nutrientes | Cantidade Diaria Orientativa |
---|---|
Calorías | 2.000 Kcal |
Graxa | 70 g |
Graxa saturada | 20 g |
Azucres | 90 g |
Sal | 6 g |
A Inxesta de Referencia (IR) é unha guía sobre a cantidade total de calorías e de varios nutrientes que debemos inxerir ao día para manter unha dieta sa. A información sobre as porcentaxes de IR indica o que supón a cantidade de nutriente dunha ración a respecto da IR para ese nutriente no día.
As porcentaxes de Inxesta de Referencia (IR) están calculadas para unha muller adulta cunha inxestión diaria de 2000 kcal. As necesidades nutricionais individuais poden ser máis altas ou máis baixas, en función de sexo, idade, nivel de actividade física e outros factores.
As persoas ás que lles custa introducir a froita na dieta, atoparán nesta receita unha forma apetitosa de gozar das súas calidades nutricionais.
Entre os ingredientes desta suculenta sobremesa atopamos froitas tan orixinais como o mango, que procede de países tropicais e é unha fonte excelente de betacarotenos e vitamina C. Unha ración de 200 g de pulpa cobren as necesidades diarias destas vitaminas.
Os plátanos achegan unha cantidade moderada de hidratos de carbono, o que fai desta froita unha das máis calóricas. Ten sustancias de acción adstrinxente que resultan adecuadas en caso de diarrea. Entre os nutrientes máis representativos do plátano está o potasio, un mineral necesario para a actividade muscular normal, pero cuxo consumo deben vixiar as persoas con insuficiencia renal.
O pexego en almíbar é fonte de hidratos de carbono sinxelos, nutrientes que deben ter en conta as persoas diabéticas.
As fresas enriquecen a receita en vitamina C, xa que achegan máis cantidade desta vitamina que moitos cítricos. A nata achega unha cantidade considerable de graxa, polo que non está indicada nas persoas que seguen dietas baixas en graxa ou calorías.
O toque especial dano os licores, que achegan un sabor intenso ás froitas. Pódese prescindir deles si na comida tamén participan nenos.
- Ácido úrico y gota
- Alergia al huevo
- Alergia al pescado
- Anemia ferropenica (falta de hierro)
- Anemia perniciosa (carencia de vitamina B12)
- Anemia por carencia de ácido fólico
- Estreñimiento
- Hipertensión arterial
- Intolerancia al gluten (celiaquía)
- Meteorismo
- Osteoporosis
- Alergia a la caseína
- Cálculos en la vesícula biliar
- Cálculos renales
- Diabetes mellitus
- Gastritis
- Hipercolesterolemia
- Hipertrigliceridemia
- Intolerancia a la lactosa
- Obesidad o sobrepeso