Mousse de chocolate branco con mango tostado

Elaboración
Batemos as xemas co azucre. Pomos ao baño maría a cobertura de chocolate ata que se desfaga e forme unha crema. Apartamos do baño maría e engadimos as xemas batidas co azucre, deixándoo arrefriar sen parar de darlle voltas.
Montamos as claras a piques de neve cunhas gotitas de limón. A continuación hidratamos as 2 follas de gelatina nun vaso de auga fría, posteriormente disolvémolas en 3 ó 4 cucharadas de auga moi quente e mesturamos coas claras montadas.
Engadimos as claras montadas á crema que xa está fría, dando voltas en sentido envolvente con axuda dunha culler ou espátula de madeira e evitando as varillas, pois si metemos máis aire ao mesturar se baixa no canto de quedar esponxosa.
Montamos a nata con 30 g de azucre e agregámolas ao mousse, tamén dando voltas en sentido envolvente e procurando que sigan esponxosas.
Dispomos a mousse nos boles ou vasos onde vaiamos servir, sobre unhas láminas de mango tostadas volta e volta nunha tixola antiadherente cunhas pingas de aceite e azucre.
Tapamos con papel filme para que non collan cheiros da neveira e introducimos a mousse no frigorífico durante dúas horas.
Antes de servir adornamos cun pouco de nata montada e un trocitos de mango tostado.
Semáforo nutricional
O semáforo nutricional é un sistema de cores que permite entender os valores nutricionais dun xeito claro, rápido e completo.
Unha ración contén
Calorías | Graxa | Graxa saturada | Azucres | Sal |
---|---|---|---|---|
487 | 32g | 16,5g | 41,2g | 0,1g |
24% | 46% | 82% | 46% | 1% |
* da inxestión de referencia (IR) para un adulto
- Baixa: o 10 % ou menos da inxestión de referencia
- Media: entre o 10 % e o 35 % da inxestión de referencia
- Alta: máis do 35 % da inxestión de referencia
As receitas presentan normalmente ingredientes cuxo porcentaxe sobre a Inxestión de Refencia (IR) é alto (predominan amarelos e laranxas). Estes pratos están concibidos como prato principal dunha comida ou cea, co que o seu tamaño de ración é superior e a súa achega nutricional é máis elevada.
Por este motivo, as receitas teñen puntos de corte diferentes aos dos produtos. Así, por exemplo, mentres que un alimento calquera terá os nutrientes de cor amarela ata un valor máximo do 20 % da IR, as receitas concibidas como unha comida principal terán os nutrientes en amarelo ata un valor máximo do 35 % da IR.
Calorías | Graxa | Graxa saturada | Azucres | Sal | |
---|---|---|---|---|---|
Que é baixo por ración | 200 Kcal ou menos | 7 g ou menos | 2 g ou menos | 9 g ou menos | 0,6 g ou menos |
Que é medio por ración | Entre 200 Kcal e 700 Kcal | Entre 7 g e 25 g | Entre 2 g e 7 g | Entre 9 g e 32 g | Entre 0,6 g e 2,1 g |
Que é alto por ración | 700 Kcal ou máis | 25 g ou máis | 7 g ou máis | 32 g ou máis | 2,1 g ou máis |
Nutrientes | Cantidade Diaria Orientativa |
---|---|
Calorías | 2.000 Kcal |
Graxa | 70 g |
Graxa saturada | 20 g |
Azucres | 90 g |
Sal | 6 g |
A Inxesta de Referencia (IR) é unha guía sobre a cantidade total de calorías e de varios nutrientes que debemos inxerir ao día para manter unha dieta sa. A información sobre as porcentaxes de IR indica o que supón a cantidade de nutriente dunha ración a respecto da IR para ese nutriente no día.
As porcentaxes de Inxesta de Referencia (IR) están calculadas para unha muller adulta cunha inxestión diaria de 2000 kcal. As necesidades nutricionais individuais poden ser máis altas ou máis baixas, en función de sexo, idade, nivel de actividade física e outros factores.
- Ácido úrico y gota
- Alergia al pescado
- Anemia ferropenica (falta de hierro)
- Anemia perniciosa (carencia de vitamina B12)
- Anemia por carencia de ácido fólico
- Cálculos renales
- Gastritis
- Hipertensión arterial
- Intolerancia al gluten (celiaquía)
- Alergia a la caseína
- Alergia al huevo
- Cálculos en la vesícula biliar
- Diabetes mellitus
- Estreñimiento
- Hipercolesterolemia
- Hipertrigliceridemia
- Intolerancia a la lactosa
- Meteorismo
- Obesidad o sobrepeso
- Osteoporosis