Ovo á prancha con salsa de tomate, pementos e paleta ibérica

Elaboración
Cortamos os pementos asados en tiras e reservámolos.
Nunha tixola antiadherente cun chorrito de aceite de oliva, cociñamos á prancha o ovo cascado, ata que se calle o clara pero deixando líquida a xema.
Colocamos nun aro de montaxe unha base de pementos asados e sobre ela o ovo á prancha.
Desmoldamos o aro con coidado e servimos con salsa de tomate quente e decorado con trocitos de paleta ibérica.
Semáforo nutricional
O semáforo nutricional é un sistema de cores que permite entender os valores nutricionais dun xeito claro, rápido e completo.
Unha ración contén
Calorías | Graxa | Graxa saturada | Azucres | Sal |
---|---|---|---|---|
407 | 35,6g | 7,4g | 1,1g | 0,8g |
20% | 51% | 37% | 1% | 13% |
* da inxestión de referencia (IR) para un adulto
- Baixa: o 10 % ou menos da inxestión de referencia
- Media: entre o 10 % e o 35 % da inxestión de referencia
- Alta: máis do 35 % da inxestión de referencia
As receitas presentan normalmente ingredientes cuxo porcentaxe sobre a Inxestión de Refencia (IR) é alto (predominan amarelos e laranxas). Estes pratos están concibidos como prato principal dunha comida ou cea, co que o seu tamaño de ración é superior e a súa achega nutricional é máis elevada.
Por este motivo, as receitas teñen puntos de corte diferentes aos dos produtos. Así, por exemplo, mentres que un alimento calquera terá os nutrientes de cor amarela ata un valor máximo do 20 % da IR, as receitas concibidas como unha comida principal terán os nutrientes en amarelo ata un valor máximo do 35 % da IR.
Calorías | Graxa | Graxa saturada | Azucres | Sal | |
---|---|---|---|---|---|
Que é baixo por ración | 200 Kcal ou menos | 7 g ou menos | 2 g ou menos | 9 g ou menos | 0,6 g ou menos |
Que é medio por ración | Entre 200 Kcal e 700 Kcal | Entre 7 g e 25 g | Entre 2 g e 7 g | Entre 9 g e 32 g | Entre 0,6 g e 2,1 g |
Que é alto por ración | 700 Kcal ou máis | 25 g ou máis | 7 g ou máis | 32 g ou máis | 2,1 g ou máis |
Nutrientes | Cantidade Diaria Orientativa |
---|---|
Calorías | 2.000 Kcal |
Graxa | 70 g |
Graxa saturada | 20 g |
Azucres | 90 g |
Sal | 6 g |
A Inxesta de Referencia (IR) é unha guía sobre a cantidade total de calorías e de varios nutrientes que debemos inxerir ao día para manter unha dieta sa. A información sobre as porcentaxes de IR indica o que supón a cantidade de nutriente dunha ración a respecto da IR para ese nutriente no día.
As porcentaxes de Inxesta de Referencia (IR) están calculadas para unha muller adulta cunha inxestión diaria de 2000 kcal. As necesidades nutricionais individuais poden ser máis altas ou máis baixas, en función de sexo, idade, nivel de actividade física e outros factores.
Unha receita sinxela e tradicional, que dada a selección de alimentos e a forma de cociñalos, convértese nun lixeiro segundo prato, ou prato único, que pode formar parte da dieta de calquera persoa.
As recomendacións actuais de consumo de alimentos sitúan ao ovo como un alimento esencialmente proteico a consumir entre 4 ou 5 unidades por semana. O alto valor biolóxico das proteínas do ovo determinan o carácter proteico do prato, que se complementa coas da paleta ibérica (ou xamón, segundo gustos e preferencias). Os pementos e a salsa de tomate achegan ademais de cor, parte das vitaminas, minerais, fibra e antioxidantes (beta-caroteno, licopeno) que se require na dieta diaria.
- Ácido úrico y gota
- Alergia a la caseína
- Alergia al pescado
- Anemia ferropenica (falta de hierro)
- Anemia perniciosa (carencia de vitamina B12)
- Anemia por carencia de ácido fólico
- Cálculos en la vesícula biliar
- Diabetes mellitus
- Estreñimiento
- Hipercolesterolemia
- Hipertrigliceridemia
- Intolerancia a la lactosa
- Intolerancia al gluten (celiaquía)
- Meteorismo
- Obesidad o sobrepeso
- Osteoporosis
- Alergia al huevo
- Cálculos renales
- Gastritis
- Hipertensión arterial