Patacas ao forno con allo e perexil

Elaboración
Pelamos e cortamos en rodajas grosas as patacas. Nunha cazuela con auga fervendo e un chisco de sal fervemos durante 10 minutos as patacas.
Mentres se cociñan as patacas, pelamos e picamos en brunoisse (picadito moi pequeno) os allos e o perexil e unha vez picado mesturamos.
Cando as patacas estean semi cocidas, sacamos da cazuela e pómolas nunha fonte de forno.
Espolvoreamos o allo e perexil sobre as patacas, un chorrito de aceite de oliva e introducimos no forno xa quente a 180 º C durante dez minutos, tendo coidado de que non se resequen.
Adóitanse consumir como guarnición ou como entrante.
Semáforo nutricional
O semáforo nutricional é un sistema de cores que permite entender os valores nutricionais dun xeito claro, rápido e completo.
Unha ración contén
Calorías | Graxa | Graxa saturada | Azucres | Sal |
---|---|---|---|---|
152 | 10,1g | 1,7g | 0,7g | 0,4g |
8% | 14% | 8% | 1% | 7% |
* da inxestión de referencia (IR) para un adulto
- Baixa: o 10 % ou menos da inxestión de referencia
- Media: entre o 10 % e o 35 % da inxestión de referencia
- Alta: máis do 35 % da inxestión de referencia
As receitas presentan normalmente ingredientes cuxo porcentaxe sobre a Inxestión de Refencia (IR) é alto (predominan amarelos e laranxas). Estes pratos están concibidos como prato principal dunha comida ou cea, co que o seu tamaño de ración é superior e a súa achega nutricional é máis elevada.
Por este motivo, as receitas teñen puntos de corte diferentes aos dos produtos. Así, por exemplo, mentres que un alimento calquera terá os nutrientes de cor amarela ata un valor máximo do 20 % da IR, as receitas concibidas como unha comida principal terán os nutrientes en amarelo ata un valor máximo do 35 % da IR.
Calorías | Graxa | Graxa saturada | Azucres | Sal | |
---|---|---|---|---|---|
Que é baixo por ración | 200 Kcal ou menos | 7 g ou menos | 2 g ou menos | 9 g ou menos | 0,6 g ou menos |
Que é medio por ración | Entre 200 Kcal e 700 Kcal | Entre 7 g e 25 g | Entre 2 g e 7 g | Entre 9 g e 32 g | Entre 0,6 g e 2,1 g |
Que é alto por ración | 700 Kcal ou máis | 25 g ou máis | 7 g ou máis | 32 g ou máis | 2,1 g ou máis |
Nutrientes | Cantidade Diaria Orientativa |
---|---|
Calorías | 2.000 Kcal |
Graxa | 70 g |
Graxa saturada | 20 g |
Azucres | 90 g |
Sal | 6 g |
A Inxesta de Referencia (IR) é unha guía sobre a cantidade total de calorías e de varios nutrientes que debemos inxerir ao día para manter unha dieta sa. A información sobre as porcentaxes de IR indica o que supón a cantidade de nutriente dunha ración a respecto da IR para ese nutriente no día.
As porcentaxes de Inxesta de Referencia (IR) están calculadas para unha muller adulta cunha inxestión diaria de 2000 kcal. As necesidades nutricionais individuais poden ser máis altas ou máis baixas, en función de sexo, idade, nivel de actividade física e outros factores.
As patacas son un dos alimentos máis aceptados, económicos e versátiles da nosa gastronomía. A receita que se propón é unha forma sinxela e de fácil preparación para consumilas, que poden servir tanto de primeiro prato da comida ou da cea, como de guarnición de carnes, peixes ou tortillas.
Este prato achega fundamentalmente hidratos de carbono complexos, nutriente no que debe basearse a nosa alimentación. Ademais, pola tecnoloxía culinaria utilizada, a cantidade de graxas é mínima polo que non aumenta practicamente as calorías do prato e está indicada para as persoas que queiran controlar o seu peso, si moderan a cantidade da ración. As persoas que padecen diabetes, deberán ter en conta a cantidade da ración para controlar o achegue de hidratos de carbono da toma.
- Ácido úrico y gota
- Alergia a la caseína
- Alergia al huevo
- Alergia al pescado
- Anemia ferropenica (falta de hierro)
- Anemia perniciosa (carencia de vitamina B12)
- Anemia por carencia de ácido fólico
- Cálculos en la vesícula biliar
- Cálculos renales
- Diabetes mellitus
- Estreñimiento
- Gastritis
- Hipercolesterolemia
- Hipertensión arterial
- Hipertrigliceridemia
- Intolerancia a la lactosa
- Intolerancia al gluten (celiaquía)
- Meteorismo
- Obesidad o sobrepeso
- Osteoporosis