Peixe espada con cebolas e viño branco
Elaboración
Lavamos os filetes do peixe espada e salgámolos lixeiramente.
Enharinamos os filetes por ambos os lados e fritimos nunha tixola con aceite moi quente.
Unha vez dourados, apartámolos e reservámolos nunha fonte cerca da calor.
Cortamos a cebola en xuliana (tiras finas).
Nunha cazuela vertemos un pouco do aceite co que fritimos o peixe, e nesa cazuela, rehogamos a lume suave (pochando) a cebola ata que quede case transparente. Unha vez amarelada, engadímoslle o vaso de viño branco e o de auga e deixamos que coza ata que reduza á metade o volume do líquido engadido.
A continuación, introducimos o peixe que tiñamos apartado na cazuela coa cebola e o viño, e inmediatamente sacamos do lume deixando tapada a cazuela para que repouse o peixe coa súa salsa durante 5 minutos.
No momento de servilo á mesa podemos espolvorear un pouco de cebollino picado por encima.
Semáforo nutricional
O semáforo nutricional é un sistema de cores que permite entender os valores nutricionais dun xeito claro, rápido e completo.
Unha ración contén
Calorías | Graxa | Graxa saturada | Azucres | Sal |
---|---|---|---|---|
820 | 58,5g | 10,5g | 1,3g | 0,6g |
41% | 84% | 53% | 1% | 11% |
* da inxestión de referencia (IR) para un adulto
- Baixa: o 10 % ou menos da inxestión de referencia
- Media: entre o 10 % e o 35 % da inxestión de referencia
- Alta: máis do 35 % da inxestión de referencia
As receitas presentan normalmente ingredientes cuxo porcentaxe sobre a Inxestión de Refencia (IR) é alto (predominan amarelos e laranxas). Estes pratos están concibidos como prato principal dunha comida ou cea, co que o seu tamaño de ración é superior e a súa achega nutricional é máis elevada.
Por este motivo, as receitas teñen puntos de corte diferentes aos dos produtos. Así, por exemplo, mentres que un alimento calquera terá os nutrientes de cor amarela ata un valor máximo do 20 % da IR, as receitas concibidas como unha comida principal terán os nutrientes en amarelo ata un valor máximo do 35 % da IR.
Calorías | Graxa | Graxa saturada | Azucres | Sal | |
---|---|---|---|---|---|
Que é baixo por ración | 200 Kcal ou menos | 7 g ou menos | 2 g ou menos | 9 g ou menos | 0,6 g ou menos |
Que é medio por ración | Entre 200 Kcal e 700 Kcal | Entre 7 g e 25 g | Entre 2 g e 7 g | Entre 9 g e 32 g | Entre 0,6 g e 2,1 g |
Que é alto por ración | 700 Kcal ou máis | 25 g ou máis | 7 g ou máis | 32 g ou máis | 2,1 g ou máis |
Nutrientes | Cantidade Diaria Orientativa |
---|---|
Calorías | 2.000 Kcal |
Graxa | 70 g |
Graxa saturada | 20 g |
Azucres | 90 g |
Sal | 6 g |
A Inxesta de Referencia (IR) é unha guía sobre a cantidade total de calorías e de varios nutrientes que debemos inxerir ao día para manter unha dieta sa. A información sobre as porcentaxes de IR indica o que supón a cantidade de nutriente dunha ración a respecto da IR para ese nutriente no día.
As porcentaxes de Inxesta de Referencia (IR) están calculadas para unha muller adulta cunha inxestión diaria de 2000 kcal. As necesidades nutricionais individuais poden ser máis altas ou máis baixas, en función de sexo, idade, nivel de actividade física e outros factores.
Tendo en conta que a Dietética é unha arte ademais dunha ciencia, o valor deste prato sería dobre, por unha banda deleitar aos comensais exaltando o gusto desta peza de peixe cunha sinxela técnica culinaria e polo outro achegar ao organismo proteínas de alta calidade sen graxas saturadas asociadas.
Esta última é a vantaxe que ofrece o peixe fronte á carne, por tanto é unha boa alternativa para todas aquelas persoas que necesiten reducir o contido graxo da súa alimentación, así como o contido calórico.
É un prato ideal para todas as idades e ten un valor especial en xeriatría, xa que non presenta dificultades de masticación, ten moi poucas espiñas, é saboroso e achega vitamina D, iodo e proteínas, todos eles nutrientes que adoitan ser deficitarios nas persoas da terceira idade.
O peixe espada ten un sabor intenso e é moi apreciado, parte desta calidade confírenlla as graxas insaturadas do tipo omega 3 que posúe. Estas son moi beneficiosas, xa que protexen o sistema cardiovascular, axudando a mellorar a circulación sanguínea ao diminuír a fixación de colesterol na parede das arterias.
- Alergia a la caseína
- Alergia al huevo
- Anemia ferropenica (falta de hierro)
- Anemia perniciosa (carencia de vitamina B12)
- Anemia por carencia de ácido fólico
- Cálculos en la vesícula biliar
- Cálculos renales
- Diabetes mellitus
- Estreñimiento
- Gastritis
- Hipercolesterolemia
- Hipertensión arterial
- Hipertrigliceridemia
- Intolerancia a la lactosa
- Meteorismo
- Obesidad o sobrepeso
- Osteoporosis
- Ácido úrico y gota
- Alergia al pescado
- Intolerancia al gluten (celiaquía)