Pencas de acelga en salsa roquefort

Elaboración
Quitamos ás acelgas as follas verdes e reservámolas para facer un puré outro día.
As pencas cortámolas en rectángulos de 8 centímetros de longo. Pómolas a cocer con auga lixeiramente salgada e un ramallete de perexil para evitar que se oxiden as acelgas e se ennegrezcan durante a cocción. Cando estean cocidas as pencas, escurrimos e pasámolas por fariña, ovo batido e fritímolas. Unha vez fritas as pencas, sacámolas a un prato con papel de cociña para que perdan a graxa da fritura e reservamos.
Nun cazo pomos a nata líquida e o queixo roquefort a quentar. De cando en vez damos voltas para que non se pegue no fondo do cazo, deixando cocer ata que a salsa adquira a densidade desexada. Teremos en conta que cando se arrefría, a salsa tende a quedar máis espesa. Pomos as pencas no prato onde vaiamos servir e engadimos lixeiramente a salsa de queixo roquefort e servimos o resto nunha salsera para que cada un lla anada ao seu gusto, xa que ao ser unha salsa forte podemos saturar o gusto de cada comensal.
Semáforo nutricional
O semáforo nutricional é un sistema de cores que permite entender os valores nutricionais dun xeito claro, rápido e completo.
Unha ración contén
Calorías | Graxa | Graxa saturada | Azucres | Sal |
---|---|---|---|---|
429 | 28,5g | 15g | 3g | 1,2g |
21% | 41% | 75% | 3% | 20% |
* da inxestión de referencia (IR) para un adulto
- Baixa: o 10 % ou menos da inxestión de referencia
- Media: entre o 10 % e o 35 % da inxestión de referencia
- Alta: máis do 35 % da inxestión de referencia
As receitas presentan normalmente ingredientes cuxo porcentaxe sobre a Inxestión de Refencia (IR) é alto (predominan amarelos e laranxas). Estes pratos están concibidos como prato principal dunha comida ou cea, co que o seu tamaño de ración é superior e a súa achega nutricional é máis elevada.
Por este motivo, as receitas teñen puntos de corte diferentes aos dos produtos. Así, por exemplo, mentres que un alimento calquera terá os nutrientes de cor amarela ata un valor máximo do 20 % da IR, as receitas concibidas como unha comida principal terán os nutrientes en amarelo ata un valor máximo do 35 % da IR.
Calorías | Graxa | Graxa saturada | Azucres | Sal | |
---|---|---|---|---|---|
Que é baixo por ración | 200 Kcal ou menos | 7 g ou menos | 2 g ou menos | 9 g ou menos | 0,6 g ou menos |
Que é medio por ración | Entre 200 Kcal e 700 Kcal | Entre 7 g e 25 g | Entre 2 g e 7 g | Entre 9 g e 32 g | Entre 0,6 g e 2,1 g |
Que é alto por ración | 700 Kcal ou máis | 25 g ou máis | 7 g ou máis | 32 g ou máis | 2,1 g ou máis |
Nutrientes | Cantidade Diaria Orientativa |
---|---|
Calorías | 2.000 Kcal |
Graxa | 70 g |
Graxa saturada | 20 g |
Azucres | 90 g |
Sal | 6 g |
A Inxesta de Referencia (IR) é unha guía sobre a cantidade total de calorías e de varios nutrientes que debemos inxerir ao día para manter unha dieta sa. A información sobre as porcentaxes de IR indica o que supón a cantidade de nutriente dunha ración a respecto da IR para ese nutriente no día.
As porcentaxes de Inxesta de Referencia (IR) están calculadas para unha muller adulta cunha inxestión diaria de 2000 kcal. As necesidades nutricionais individuais poden ser máis altas ou máis baixas, en función de sexo, idade, nivel de actividade física e outros factores.
Esta é unha magnífica idea de aproveitar as partes máis duras das verduras de folla verde, e convertelas nun exquisito bocado. As pencas da acelga conteñen sobre todo a fibra e hidratos de carbono complexos e en moita menor proporción achegan as vitaminas (B1, B2, betacarotenos e folatos) e minerais (potasio e ferro) característicos deste tipo de verdura, que se atopan sobre todo nas follas da planta. Aínda que o valor calórico das pencas de acelga é moi baixo, a salsa utilizada neste caso, de queixo roquefort, determina en gran medida a enerxía do prato, dato a ter en conta por todas aquelas persoas que realicen dietas de control de peso.
En xeral é unha receita apropiada para todo tipo de persoas, especialmente para os máis pequenos.
- Ácido úrico y gota
- Alergia al pescado
- Anemia ferropenica (falta de hierro)
- Anemia perniciosa (carencia de vitamina B12)
- Anemia por carencia de ácido fólico
- Cálculos renales
- Gastritis
- Hipertensión arterial
- Osteoporosis
- Alergia a la caseína
- Alergia al huevo
- Cálculos en la vesícula biliar
- Diabetes mellitus
- Estreñimiento
- Hipercolesterolemia
- Hipertrigliceridemia
- Intolerancia a la lactosa
- Intolerancia al gluten (celiaquía)
- Meteorismo
- Obesidad o sobrepeso