Queres sushi con salsa picante?

Elaboración
Por Lucía Domínguez, de Herri Ametsa Ikastola (Donostia-San Sebastián). Segunda edición de Imaxine Food.
1. Cocemos o arroz en auga fervendo con sal durante 18 minutos e escurrimos. Cando se arrefríe mesturámolo coa soia.
2. Colocamosas láminas de alga nori sobre unha esterilla de bambú ou sobre papel encerado ou filme en unha superficie plana. Distribuímos o arroz deixando unha franxa de uns 2 cm ao redor. Estendemos unha pequena cantidade de wasabi no centro do arroz. Colocamos o pepinillo e o peixe cru (salmón ou atún fresco) cortado en tiras encima do wasabi. Enrolamos o nori firmemente.
3. Cortamos o rolo con un coitelo afiado e mollado en rodajas de 2 cm. Servimos acompañado da salsa de soia, wasabi e jengibre marinado. Cun pemento e un calabacín damos forma á cabeza do dragón.
Semáforo nutricional
O semáforo nutricional é un sistema de cores que permite entender os valores nutricionais dun xeito claro, rápido e completo.
Unha ración contén
Calorías | Graxa | Graxa saturada | Azucres | Sal |
---|---|---|---|---|
377 | 5,9g | 1,3g | 3,2g | 0,4g |
19% | 8% | 6% | 4% | 7% |
* da inxestión de referencia (IR) para un adulto
- Baixa: o 10 % ou menos da inxestión de referencia
- Media: entre o 10 % e o 35 % da inxestión de referencia
- Alta: máis do 35 % da inxestión de referencia
As receitas presentan normalmente ingredientes cuxo porcentaxe sobre a Inxestión de Refencia (IR) é alto (predominan amarelos e laranxas). Estes pratos están concibidos como prato principal dunha comida ou cea, co que o seu tamaño de ración é superior e a súa achega nutricional é máis elevada.
Por este motivo, as receitas teñen puntos de corte diferentes aos dos produtos. Así, por exemplo, mentres que un alimento calquera terá os nutrientes de cor amarela ata un valor máximo do 20 % da IR, as receitas concibidas como unha comida principal terán os nutrientes en amarelo ata un valor máximo do 35 % da IR.
Calorías | Graxa | Graxa saturada | Azucres | Sal | |
---|---|---|---|---|---|
Que é baixo por ración | 200 Kcal ou menos | 7 g ou menos | 2 g ou menos | 9 g ou menos | 0,6 g ou menos |
Que é medio por ración | Entre 200 Kcal e 700 Kcal | Entre 7 g e 25 g | Entre 2 g e 7 g | Entre 9 g e 32 g | Entre 0,6 g e 2,1 g |
Que é alto por ración | 700 Kcal ou máis | 25 g ou máis | 7 g ou máis | 32 g ou máis | 2,1 g ou máis |
Nutrientes | Cantidade Diaria Orientativa |
---|---|
Calorías | 2.000 Kcal |
Graxa | 70 g |
Graxa saturada | 20 g |
Azucres | 90 g |
Sal | 6 g |
A Inxesta de Referencia (IR) é unha guía sobre a cantidade total de calorías e de varios nutrientes que debemos inxerir ao día para manter unha dieta sa. A información sobre as porcentaxes de IR indica o que supón a cantidade de nutriente dunha ración a respecto da IR para ese nutriente no día.
As porcentaxes de Inxesta de Referencia (IR) están calculadas para unha muller adulta cunha inxestión diaria de 2000 kcal. As necesidades nutricionais individuais poden ser máis altas ou máis baixas, en función de sexo, idade, nivel de actividade física e outros factores.