A pesar de que o almorzo é a comida máis importante do día, só un 15% da poboación infantil con idades comprendidas entre os 5 e os 15 anos toma a diario un almorzo completo e equilibrado, tal e como revela a última Enquisa Nacional de Saúde realizada polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Expertos en nutrición lembran que o almorzo é a comida máis importante do día e que debe de incluír tanto lácteos como cereais e zumes ou pezas de froita fresca.
Os lácteos achegan ao organismo das nenos proteínas, vitaminas e minerais, entre eles o calcio, fundamental para o desenvolvemento óseo dos máis pequenos. Os cereais proporciónanlles hidratos de carbono para afrontar o día con enerxía, e a froita, vitaminas, minerais e fibra vexetal.
Un almorzo completo é o primeiro paso para que os nenos adopten pautas de alimentación correctas e equilibradas. O adecuado é que a primeira comida do día proporcione o 25% do total de calorías diarias que necesita o organismo, co que se suple a carencia nutritiva do período nocturno e reponse enerxía para afrontar o resto do día.
Co comezo do curso escolar a necesidade de levar a cabo un almorzo equilibrado aínda cobra máis forza, xa que os nenos realizan máis esforzos físicos e mentais. Tanto os pais como os profesores deben inculcar aos máis pequenos correctos hábitos alimenticios que lles axuden a mellorar o seu rendemento escolar e que contribúan a longo prazo á formación dunha sociedade cunha adecuada cultura alimentaria.