Salsa rosa

Elaboración
Esta salsa elabórase mediante a mestura de maionesa, puré de tomate ou ketchup, salsa Perrins e tabasco e en último lugar, zume de laranxa que é o ingrediente que dá máis ou menos fluidez á textura da salsa. Nalgunhas ocasións engádese a esta salsa unhas gotitas de brandy ou de whisky ou mesmo de cava e tamén se pode refinar con nata. Esta salsa emprégase para acompañar a pratos de peixe e marisco, así como a ensaladas.
Semáforo nutricional
O semáforo nutricional é un sistema de cores que permite entender os valores nutricionais dun xeito claro, rápido e completo.
Unha ración contén
Calorías | Graxa | Graxa saturada | Azucres | Sal |
---|---|---|---|---|
195 | 19,7g | 2,9g | 3,1g | 0,2g |
10% | 28% | 14% | 3% | 3% |
* da inxestión de referencia (IR) para un adulto
- Baixa: o 10 % ou menos da inxestión de referencia
- Media: entre o 10 % e o 35 % da inxestión de referencia
- Alta: máis do 35 % da inxestión de referencia
As receitas presentan normalmente ingredientes cuxo porcentaxe sobre a Inxestión de Refencia (IR) é alto (predominan amarelos e laranxas). Estes pratos están concibidos como prato principal dunha comida ou cea, co que o seu tamaño de ración é superior e a súa achega nutricional é máis elevada.
Por este motivo, as receitas teñen puntos de corte diferentes aos dos produtos. Así, por exemplo, mentres que un alimento calquera terá os nutrientes de cor amarela ata un valor máximo do 20 % da IR, as receitas concibidas como unha comida principal terán os nutrientes en amarelo ata un valor máximo do 35 % da IR.
Calorías | Graxa | Graxa saturada | Azucres | Sal | |
---|---|---|---|---|---|
Que é baixo por ración | 200 Kcal ou menos | 7 g ou menos | 2 g ou menos | 9 g ou menos | 0,6 g ou menos |
Que é medio por ración | Entre 200 Kcal e 700 Kcal | Entre 7 g e 25 g | Entre 2 g e 7 g | Entre 9 g e 32 g | Entre 0,6 g e 2,1 g |
Que é alto por ración | 700 Kcal ou máis | 25 g ou máis | 7 g ou máis | 32 g ou máis | 2,1 g ou máis |
Nutrientes | Cantidade Diaria Orientativa |
---|---|
Calorías | 2.000 Kcal |
Graxa | 70 g |
Graxa saturada | 20 g |
Azucres | 90 g |
Sal | 6 g |
A Inxesta de Referencia (IR) é unha guía sobre a cantidade total de calorías e de varios nutrientes que debemos inxerir ao día para manter unha dieta sa. A información sobre as porcentaxes de IR indica o que supón a cantidade de nutriente dunha ración a respecto da IR para ese nutriente no día.
As porcentaxes de Inxesta de Referencia (IR) están calculadas para unha muller adulta cunha inxestión diaria de 2000 kcal. As necesidades nutricionais individuais poden ser máis altas ou máis baixas, en función de sexo, idade, nivel de actividade física e outros factores.
A salsa rosa é unha das chamadas salsas derivadas xa que a súa base é outra salsa chamada salsa maionesa. Do mesmo xeito que a maionesa, trátase dunha salsa moi calórica, composta fundamentalmente por aceite.
A tendencia con este tipo de salsas é engadirlle unha boa cantidade ao prato, co que se aumenta considerablemente as calorías do mesmo. Por tanto, todas aquelas persoas que queren vixiar o seu peso, deben moderar o consumo. En caso de celiaquía ou intolerancia ao gluten haberá que revisar moi ben a lista de ingredientes da maionesa e o tomate ketchup e descartar aquelas marcas que inclúan almidones ou similares.
- Ácido úrico y gota
- Alergia a la caseína
- Alergia al pescado
- Intolerancia a la lactosa
- Intolerancia al gluten (celiaquía)
- Osteoporosis
- Alergia al huevo
- Cálculos en la vesícula biliar
- Cálculos renales
- Diabetes mellitus
- Estreñimiento
- Gastritis
- Hipercolesterolemia
- Hipertensión arterial
- Hipertrigliceridemia
- Meteorismo
- Obesidad o sobrepeso