Entre as complicacións que se poden producir durante o parto están as hemorraxias. As perdas de sangue que se producen durante unha cesárea son superiores ás dun parto natural. Estas perdas nalgúns casos son tan intensas que poden provocar anemia na nai tras a cirurxía. Este tipo de anemia implica unha diminución dos glóbulos vermellos no organismo e por tanto unha falta de ferro, motivo polo que se denomina anemia ferropénica.
As mulleres embarazadas teñen aumentada a demanda de ferro e en moitos casos a anemia está presente durante a xestación. Se este problema non se corrixe durante o embarazo, é probable que a situación se agrave no momento do parto, máis aínda se este é mediante cesárea. No entanto, os especialistas coinciden en que tratada a tempo a anemia non reviste gravidade, nin para a nai nin para o seu bebé.
Signos de alerta: Cansazo e palidez
O síntoma máis habitual ante un cadro de anemia é o cansazo. Tamén se poden producir baixadas de tensión e é común que a pel se volva máis pálida ao diminuír a cantidade de glóbulos vermellos e aclararse o sangue. Outros síntomas asociados á anemia son dificultade para respirar, dor de cabeza, mareos, falta de concentración, insomnioe cambras nas pernas.
Ante esta situación moitas nais poden achacar estes síntomas ao estado no que se atopan. É dicir, pensan que se debe á propia cesárea, a que acaban de dar a luz ou a que están a iniciar o período de lactación, etc. Pero en realidade son o reflexo dunha anemia ferropénica que debe tratarse canto antes.
Cando tomar complementos de ferro?
O tratamento principal da anemia ferropénica é a administración oral de ferro, xa que nesta situación, os requirimentos nutricionais deste mineral non poden cubrirse só a través da dieta. O tratamento depende da gravidade da anemia, pero en calquera caso debemanterse durante varios meses co fin de repor as reservas corporais.
Hai que ter en conta que todo o ferro que se inxere non se absorbe. Si é certo que hai unha serie de factores que aumentan a súa absorción como por exemplo tomar os complementos fóra das comidas e xunto cun alimento rico en vitamina C.
Que convén comer?
A dieta é complementaria ao tratamento farmacolóxico e debese incluír alimentos ricos en ferro de fácil absorción e outros alimentos que pola súa composición nutricional favorecen o seu aproveitamento por parte do organismo.
O ferro que conteñen os alimentos de orixe animal -carne, fígado, peixes, excepto a xema de ovo- é ferro hemo e absórbese mellor que o ferro non hemo dos vexetais -cereais legumes, verduras e hortalizas- e da xema de ovo.
Hai nutrientes como a vitamina C que favorecen a absorción do ferro non hemo. Son boa fonte de vitamina C os cítricos, as fresas, o kiwi, os pementos, as coles, etc. Pola contra, hai sustancias que dificultan a absorción do ferro -acedo oxálico, taninos, fitatos-, presentes en cereais integrais, verduras de folla verde, té e café, entre outros alimentos, o que haberá que ter en conta á hora de planificar a alimentación. É por este motivo que se aconsella tomar os complementos de ferro en xaxún e xunto con alimentos ricos en vitamina C.
Almorzo: Vaso de leite con cereais tipo muesli e un zume de laranxa
Media mañá: Unha froita e un iogur
Comida: Ensalada de escarola con laranxa e froitos secosLentellas con verduras e e pequenas albóndegas de carne Pan e iogur
Merenda: Vaso de leite e unha torrada de xamón serrano con aceite de oliva
Cea: Crema de verduras Fígado encebollado Pan e macedonia de froitas con iogur