Torta de allos porros con salsa de tomate caseira

Elaboración
En primeiro lugar, elaboramos a masa coa que prepararemos a base da torta. Para iso, pomos a fariña nun bol, facemos un buraco no centro e mesturamos alí a auga amornada, un chisco de sal e o fermento disolto nun pouco de auga tépeda. Mesturamos aos poucos cunha espátula e, unha vez que comece a separarse das paredes do bol, agregamos o aceite e seguimos mesturando ata que comece a tomar forma de bóla. Entón sacamos do bol e comezamos a amasar coas mans sobre unha superficie lisa. Amasamos ata conseguir unha masa suave, elástica e non pegañenta, engadindo algo máis de auga ou fariña se fixese falta. Formamos unha bóla e deixamos repousar tapada durante unha hora antes de usala.
Limpamos os allos porros e deixámolos enteiros do tamaño do molde de plum cake. Cocémolos durante 45 minutos ata que estean tenros e, unha vez cocidos, os escurrimos ben.
Mesturamos os ovos coa nata líquida e un chisco de sal, xunto con trocitos de queixo.Estiramos a masa e con ela forramos a base dun molde de plum cake antiadherente. Colocamos os allos porros escurridos no interior do molde e sobre eles vertemos a mestura de nata, ovo e queixo. Espolvoreamos por encima con queixo mozzarella e horneamos durante 45 minutos a uns 160ºC.
Comprobamos que está callado o pastel picando cun espeto e vendo se sae limpa no centro. Se non é o caso, seguimos cociñando un par de minutos máis. Servimos pondo salsa de tomate caseira no fondo do prato e colocando unha porción de pastel sobre ela.
Semáforo nutricional
O semáforo nutricional é un sistema de cores que permite entender os valores nutricionais dun xeito claro, rápido e completo.
Unha ración contén
Calorías | Graxa | Graxa saturada | Azucres | Sal |
---|---|---|---|---|
694 | 42,1g | 22,2g | 12g | 0,9g |
35% | 60% | 111% | 13% | 14% |
* da inxestión de referencia (IR) para un adulto
- Baixa: o 10 % ou menos da inxestión de referencia
- Media: entre o 10 % e o 35 % da inxestión de referencia
- Alta: máis do 35 % da inxestión de referencia
As receitas presentan normalmente ingredientes cuxo porcentaxe sobre a Inxestión de Refencia (IR) é alto (predominan amarelos e laranxas). Estes pratos están concibidos como prato principal dunha comida ou cea, co que o seu tamaño de ración é superior e a súa achega nutricional é máis elevada.
Por este motivo, as receitas teñen puntos de corte diferentes aos dos produtos. Así, por exemplo, mentres que un alimento calquera terá os nutrientes de cor amarela ata un valor máximo do 20 % da IR, as receitas concibidas como unha comida principal terán os nutrientes en amarelo ata un valor máximo do 35 % da IR.
Calorías | Graxa | Graxa saturada | Azucres | Sal | |
---|---|---|---|---|---|
Que é baixo por ración | 200 Kcal ou menos | 7 g ou menos | 2 g ou menos | 9 g ou menos | 0,6 g ou menos |
Que é medio por ración | Entre 200 Kcal e 700 Kcal | Entre 7 g e 25 g | Entre 2 g e 7 g | Entre 9 g e 32 g | Entre 0,6 g e 2,1 g |
Que é alto por ración | 700 Kcal ou máis | 25 g ou máis | 7 g ou máis | 32 g ou máis | 2,1 g ou máis |
Nutrientes | Cantidade Diaria Orientativa |
---|---|
Calorías | 2.000 Kcal |
Graxa | 70 g |
Graxa saturada | 20 g |
Azucres | 90 g |
Sal | 6 g |
A Inxesta de Referencia (IR) é unha guía sobre a cantidade total de calorías e de varios nutrientes que debemos inxerir ao día para manter unha dieta sa. A información sobre as porcentaxes de IR indica o que supón a cantidade de nutriente dunha ración a respecto da IR para ese nutriente no día.
As porcentaxes de Inxesta de Referencia (IR) están calculadas para unha muller adulta cunha inxestión diaria de 2000 kcal. As necesidades nutricionais individuais poden ser máis altas ou máis baixas, en función de sexo, idade, nivel de actividade física e outros factores.
O allo porro é un alimento con importantes beneficios para o organismo, destaca o seu contido en vitamina K e é fonte de calcio, ferro, fibra, iodo, magnesio, sodio e vitaminas A, B7, B9 e C. A salsa de tomate suma vitaminas C e A e posúe importantes minerais como o ferro, fósforo, calcio, magnesio, zinc, cobre, potasio e sodio. Engádese fariña, queixo, nata e fermento para dar a consistencia de torta o que suma importantes cantidades de graxas e azucares. É pois unha rectea a consumir esporadicamente.
- Ácido úrico y gota
- Alergia a la caseína
- Alergia al huevo
- Cálculos renales
- Diabetes mellitus
- Intolerancia al gluten (celiaquía)
- Meteorismo
- Obesidad o sobrepeso
- Osteoporosis