Xeado de vainilla

Elaboración
Quentamos ao baño maría, o leite xunto coa vainilla, a canela, a casca de laranxa e as xemas (ben batidas con parte do azucre). Removemos constantemente.
Vertemos a mestura nun recipiente frío e coámola. Mesturamos coa nata (batida con parte do azucre), tapamos e levamos ao frigorífico durante 1 hora.
Engadimos as claras batidas con parte do azucre. Batémolas a man.
Introducimos no frigorífico, deixamos arrefriar 20 minutos.
Batemos e introducimos no conxelador durante 3 horas removendo de cando en vez para que non se cristalice.
Semáforo nutricional
O semáforo nutricional é un sistema de cores que permite entender os valores nutricionais dun xeito claro, rápido e completo.
Unha ración contén
Calorías | Graxa | Graxa saturada | Azucres | Sal |
---|---|---|---|---|
394 | 28,9g | 14,9g | 28,5g | 0,1g |
20% | 41% | 74% | 32% | 1% |
* da inxestión de referencia (IR) para un adulto
- Baixa: o 10 % ou menos da inxestión de referencia
- Media: entre o 10 % e o 35 % da inxestión de referencia
- Alta: máis do 35 % da inxestión de referencia
As receitas presentan normalmente ingredientes cuxo porcentaxe sobre a Inxestión de Refencia (IR) é alto (predominan amarelos e laranxas). Estes pratos están concibidos como prato principal dunha comida ou cea, co que o seu tamaño de ración é superior e a súa achega nutricional é máis elevada.
Por este motivo, as receitas teñen puntos de corte diferentes aos dos produtos. Así, por exemplo, mentres que un alimento calquera terá os nutrientes de cor amarela ata un valor máximo do 20 % da IR, as receitas concibidas como unha comida principal terán os nutrientes en amarelo ata un valor máximo do 35 % da IR.
Calorías | Graxa | Graxa saturada | Azucres | Sal | |
---|---|---|---|---|---|
Que é baixo por ración | 200 Kcal ou menos | 7 g ou menos | 2 g ou menos | 9 g ou menos | 0,6 g ou menos |
Que é medio por ración | Entre 200 Kcal e 700 Kcal | Entre 7 g e 25 g | Entre 2 g e 7 g | Entre 9 g e 32 g | Entre 0,6 g e 2,1 g |
Que é alto por ración | 700 Kcal ou máis | 25 g ou máis | 7 g ou máis | 32 g ou máis | 2,1 g ou máis |
Nutrientes | Cantidade Diaria Orientativa |
---|---|
Calorías | 2.000 Kcal |
Graxa | 70 g |
Graxa saturada | 20 g |
Azucres | 90 g |
Sal | 6 g |
A Inxesta de Referencia (IR) é unha guía sobre a cantidade total de calorías e de varios nutrientes que debemos inxerir ao día para manter unha dieta sa. A información sobre as porcentaxes de IR indica o que supón a cantidade de nutriente dunha ración a respecto da IR para ese nutriente no día.
As porcentaxes de Inxesta de Referencia (IR) están calculadas para unha muller adulta cunha inxestión diaria de 2000 kcal. As necesidades nutricionais individuais poden ser máis altas ou máis baixas, en función de sexo, idade, nivel de actividade física e outros factores.
Os xeados son sobremesas que resultan realmente refrescantes e agradables despois
da comida. Este tipo de xeados cremosos son moi apetecibles, aínda que o seu
contido graxo e calórico é bastante alto, debido ás características
dos ingredientes empregados na súa elaboración.
Nesta receita empréganse ingredientes como leite ou nata, que van achegar
á sobremesa proteínas e diferentes minerais, pero tamén graxa
saturada, a chamada "graxa mala" pola súa capacidade de elevar os niveis
de colesterol en sangue. Para a elaboración do xeado son necesarios
tamén outros ingredientes como o azucre ou os ovos, fonte
de proteínas de boa calidade. A presenza de todos estes alimentos,
fan do xeado unha sobremesa a consumir de forma esporádica debido principalmente
á súa alto contido graxo e calórico.
- Ácido úrico y gota
- Alergia al pescado
- Anemia ferropenica (falta de hierro)
- Anemia perniciosa (carencia de vitamina B12)
- Anemia por carencia de ácido fólico
- Cálculos renales
- Estreñimiento
- Gastritis
- Hipertensión arterial
- Intolerancia al gluten (celiaquía)
- Meteorismo
- Osteoporosis
- Alergia a la caseína
- Alergia al huevo
- Cálculos en la vesícula biliar
- Diabetes mellitus
- Hipercolesterolemia
- Hipertrigliceridemia
- Intolerancia a la lactosa
- Obesidad o sobrepeso