A sandía é orixinaria dos países do África tropical, aínda que tamén se cultiva no mediterráneo.
É unha das froitas máis refrescantes, de pulpa zumenta e aromática. Comer sandía resulta todo un pracer cando a calor aperta, xa sexa enteira fresca ou batida ou como ingrediente doutras preparacións culinarias.
Achega moi poucas calorías dado o seu elevado contido en auga (90% da súa composición), unhas 32 por cada 100 g.
En canto ás súas propiedades nutritivas destaca o seu contido en betacaroteno e licopeno -pigmentos que lle proporcionan a súa cor característica e que teñen acción antioxidante- e, en menor cantidade, de vitaminas tales como a B1 ou tiamina, B6 ou piridoxina, e minerais como o potasio.
É hidratante, diurética (aumenta a produción de ouriños) e lixeiramente laxante (polo seu achegue de fibra que mellora a función intestinal).