Como axudar desde casa? Desde a Unidade de Psicoloxía da Saúde do Hospital da Ribeira aconséllase aos pais:

  • practicar una comunicación positiva, “de maneira que os menores poidan expresar sentimentos como o medo, o abafo ou o aburrimento, sen que sexan recriminados por eles”.
  • darlles información veraz adecuada á súa idade, para que entendan o momento que se está vivindo e as razóns das medidas que se van adoptando, integrándoas como algo necesario, e non só polas consecuencias punitivas que poida ter o non seguilas.
  • compartir actividades con eles e evitar o abuso das novas tecnoloxías.
  • diminuír o illamento social, mantendo o contacto con familiares e amigos, a través de medios de comunicación que eviten o encontro físico, “sempre de forma supervisada polos pais e cun tempo máximo de uso”.
  • ofrecerlles agarimo e falarlles do futuro e de experiencias paira vivir neste momento, reais e posibles.
  • evitar o castigo físico e emocional do neno, substituíndoo por outras estratexias que lle axuden a aprender e a reflexionar.