Antes de seleccionar a compañía que se encargará de realizar a nosa mudanza convén solicitar varios orzamentos e pedir consello a algún amigo ou familiar que afrontase esta ardua tarefa con anterioridade.
Á hora de realizar o orzamento, resulta importante que a empresa acuda á propia casa para poder valorar en condicións todos os factores que poden influír no traslado.
Os operarios deberán elixir a saída máis viable para mobles de gran tamaño, talvez poida ser unha xanela ou o balcón en lugar da porta principal, e poderán estimar con maior precisión a cantidade de horas que lles levará baixar os mobles se os viron con anterioridade, valoraron o seu peso e cal pode ser a mellor opción para estacionar o camión de mudanza, praza que deberá vostede ocupar con anterioridade para tela libre cando o furgón a necesite.