A enerxía eléctrica fornécese ás vivendas en forma de corrente alterna, e consta de dous partes: instalación de enlace, o camiño da electricidade desde a rede de distribución até a vivenda do abonado, e instalación interior , composta polos puntos de luz e tomas de corrente.
Instalación eléctrica de enlace
Son os elementos que distribúen a electricidade da compañía subministradora até o interior de cada casa. Esta instalación de enlace fórmana:
💡 Acometida
É a parte da instalación que conecta a rede de distribución coa caixa xeral de protección do edificio.
💡 Caixa Xeral de Protección (CGP)
Situada no exterior do edificio. Protexe a vivenda no caso de que haxa demasiada corrente eléctrica, xa que no seu interior están os elementos de protección ().
💡 Linea de Protección
É a liña que une a caixa xeral de protección (CGP) cos aparellos que controlan a corrente eléctrica. ínea que une a caixa xeral de protección coa centralización de contadores. Debe estar nun lugar de uso común e de acceso público.
💡 Contadores
Os contadores son aparellos que se encargan de medir a enerxía eléctrica dun circuíto ou servizo. En xeral, réxense por unha medida común, o quilowatt.
💡 Derivación individual
É a liña que une a LGA coa de caixa de protección de cada fogar. as liñas que enlazan o contador co cadro xeral de mando e protección de cada instalación privada
Desde o cadro salguen tubos, encaixados nas paredes ou os falsos teitos, até as caixas de rexistro desde onde distribúen a corrente eléctrica por toda a vivenda.
Instalacións do interior da vivenda
A instalación eléctrica interior dunha casa está composta por diferentes elementos:
💥 Interruptor de Control de Potencia (ICP)
É o que desconecta a instalación cando a suma das potencias dos aparellos conectados á vez exceden a potencia contratada.
💥 Graos de electrificación básicos
A electrificación básica ten un máximo de cinco circuítos ,cada un deles destinado a un tipo de enchufes ou aparellos:
- Circuíto C1: este circuíto alimenta os interruptores e os seus puntos de iluminación
- Circuíto C2: para as tomas de uso xeral. Alimenta o circuíto dos enchufes e a toma do frigorífico
- Circuíto C3: este circuíto alimenta o circuíto de a cociña e forno eléctrico.
- Circuíto C4: este circuíto alimenta o circuíto de os enchufes da lavadora, o lavalouzas e o termo eléctrico
- Circuíto C5: este circuíto alimenta o circuíto de os enchufes do baño, así como os enchufes auxiliares do cuarto de cociña.
Cada un destes circuítos está protexido de forma individual polo seu correspondente PIA.
Úsanse máis circuítos (grao elevado) en vivendas superiores a 160 m2 ou si existe previsión importante de aparellos electrodomésticos que obrigue a instalar mais dun circuíto de calquera dos tipos anteriores, sistemas de calefacción eléctrica, acondicionamento de aire ou automatización.

Elementos de protección do cadro de vivenda
Cada vivenda debe dispor dun cadro eléctrico para a protección e control da enerxía eléctrica. Son instalacións eléctricas de baixa tensión e funcionan a 230 voltios en corrente alterna en vivendas.
Ao cadro xeral de mando e protección dunha vivenda chegan tres condutores:
✅ O condutor de fase
É o que achega a tensión, polo que hai que manipulalo con sumo coidado. É de cor negra ou marrón.
✅ O condutor neutro
este cable é de cor azul. Este cable é o que permite á corrente regresar e serve como condutor de retorno da corrente que circula polos circuítos.
✅ O cable de terra
Este condutor está conectado á instalación de posta a terra do edificio, e protéxenos das descargas eléctricas. É de cor amarela e verde.
Ademais, no cadro existen os seguintes elementos
⚡Interruptor xeral automático
É un interruptor de corte omnipolar con accionamiento manual, de intensidade nominal mínima de 25 A e dispositivos de protección contra sobrecargas e curtocircuítos. Este interruptor xeral é independente do i nterruptor para o control de potencia (ICP) e non pode ser substituído por este.
⚡Interruptores diferenciais
Estes interruptores garanten a protección contra contactos indirectos de todos os circuítos, cunha intensidade diferencial residual máxima de 30 mA.
⚡ Dispositivos de protección contra sobretensiones
Instálanse só si fose necesario.
⚡ Un interruptor automático por cada circuíto
Para comprobar si hai unha fuga, podes desconectar todos os aparellos da casa e medir a corrente de entrada . Despois, revisar si rexístrase movemento no contador (xira o disco, ou cambian os números, segundo sexa analóxico ou dixital).
Con todo, o máis conveniente é que acudas a un técnico especialista para que realice unha inspección e revisión á túa instalación cada certo tempo (nunca superior a dez anos).