As innovacións en deseño e decoración para o fogar son dunha diversidade case infinita. Pero estar á última non sempre implica un gran desembolso de diñeiro, moitas veces ignoramos que as cousas máis simples e baratas poden converterse en enxeñosas técnicas decorativas.
É o caso do papel crepado. É un papel sobradamente coñecido que todos utilizamos desde pequenos nas nosas manualidades. Caracterízao a gran variedade cromática que presenta, o seu baixo custo e a súa venda en numerosos establecementos.
Neste caso utilizamos este papel para confeccionar unhas cortinas romanas. A súa fina textura favorece a entrada de luz e colorea o ambiente. A variedade cromática que podemos atopar deste papel facilita que podamos adecuar a elección ao ton que máis conjugue co da estancia que as cortinas van ocupar.
Poida que o tamaño das xanelas coincida coas dimensións deste papel. Se así non fóra, poderiamos pegalo, coselo ou mesmo unilo con algún doutra cor ou combinar pliegues de varias cores para conseguir diferentes efectos decorativos. Para adherir as cortinas á xanela usaremos “adhesivos reversibles” que pegaremos desde a propia xanela, non desde o cristal, uníndoas co papel.