A iluminación dun fogar é un factor moi influente noutros moitos aspectos da decoración. A ninguén se lle escapa que a importancia da iluminación provén dos aspectos prácticos, funcionais e económicos, pero é tamén un elemento decorativo moi importante.
O primeiro criterio que se debe ter en conta á hora de iluminar será o aspecto práctico. Recoméndase iluminar con maior intensidade as zonas de maior actividade ou nas que sexa máis necesario ver con claridade. Cada habitación iluminarase dependendo das tarefas que se vaian a realizar no seu interior, pero todas os procesos de iluminación deberán combinar este tres aspectos:
-A luz xeral; é dicir, aquela luz que está instalada no teito e permite ver en toda a habitación. Pode ter como foco una lámpada ou luces encaixadas no teito. Este último tipo de luces son máis efectivas en canto á decoración xa que non quitan nin protagonismo nin espazo ao resto dos elementos decorativos.
-A luz directa; ou sexa, a luz que incide nun punto determinado. Ten que ser una luz precisa, coa intensidade adecuada como paira levar a cabo a tarefa que se deba facer sen que se canse a vista, pero sen que haxa exceso de luz.
-A luz ambiente; que se encarga de revalorizar a decoración e facer confortable a habitación. Ten que ser una luz de complemento, cunha intensidade tal que si se apaga a luz principal o ambiente resultante sexa de comodidade coa luz ambiente. Pode xurdir de lámpadas de pié ou de sobremesa, de focos móbiles, de flexos, de lámpadas de cadros, etc.