En ocasións, se non se empregaron produtos de calidade para realizar o proceso de alicatado do baño ou a cociña, as xuntas dos azulexos poden verse atacadas pola acción das bacterias que provocan a aparición de moho.
Existen produtos que incorporan unha protección antibacteriana para evitar a aparición de moho, que se desenvolve con moita facilidade en ambientes húmidos e con temperatura constante, condicións que case sempre adoitan darse nos cuartos de baño.
Estes elementos empréganse como nun alicatado normal, mesturándoos con auga. Son produtos moi duradeiros, que se limpan facilmente, e permiten selar xuntas de 5 a 20 milímetros de anchura, podendo utilizarse para selar as xuntas de revestimentos cerámicos, mármore, pedra.