A Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT) vai axilizar o sistema de portabilidade dos teléfonos móbiles ante a chegada de novas compañías ao sector, segundo anunciou esta mañá un portavoz deste organismo.
“Ata agora o sistema funcionaba con tres actores (Movistar, Vodafone e Orange, antiga Amena), pero ten que adaptarse á entrada dos operadores virtuais e os revendedores”, dixo. O novo modelo contempla tamén reducir o papelorio necesario e os prazos vixentes para darse de alta con outra empresa.
Na actualidade, os usuarios poden cambiar de operador e manter o seu número de teléfono nun prazo de cinco días desde a notificación da súa solicitude.
Por último, o portavoz sinalou que ante a aparición dos primeiros produtos e servizos converxentes fixo-móbil, o órgano regulador estudará tamén estender a portabilidade a este tipo de ofertas.