A empresa de electrónica de consumo Dell Computer foi expedientada pola Comunidade de Madrid por mor dunha denuncia presentada hai dous anos pola Unión de Consumidores de Cataluña (UCC) por incumprir a Lei de Garantías. E é que, segundo esta queixa, Dell Computer ofrecía aos usuarios prazos de garantía inferiores aos dous anos que obriga a lei, condicións que aínda se manteñen na actualidade.
Mentres que a Lei de Garantías establece un prazo mínimo legal de dous anos, Dell Computer dá aos seus produtos prazos inferiores a un ano e mesmo, como oferta complementaria, ofrece dous anos de garantía a cambio dun sobreprezo que debe pagar o comprador, segundo explicou a UCC. Desta forma, engadiu a mesma fonte, a empresa cóbralle ao usuario polo dereito que lle outorga a normativa vixente a data de hoxe.
Aínda que a denuncia foi presentada en xullo de 2004, a Consellería de Sanidade e Consumo da Comunidade de Madrid non notificou a incoación de expediente sancionador a Dell Computer por suposta “infracción en materia de defensa do consumidor” ata o pasado mes de marzo, asegurou a organización, que confía nunha pronta resolución deste caso e en que Dell cese nunha práctica.