A crise económica notarase este ano nas a href=”https://www.consumer.es/web/es/salud/psicologia/2005/01/04/114678.php”>compras do Nadal. Unha sondaxe realizada pola Unión de Consumidores de España (UCE) reflicte que cada español prevé gastar uns 821 euros en festexar o próximo nadal, 91 menos que o pasado ano, cando a previsión se situou en 912 euros por persoa.
Os enquisados por UCE afirman que durante estas festas gastarán 99 euros en lotarías (74 no Sorteo de Nadal e 25 no Neno), sendo a diferenza con respecto ao pasado ano de 11 euros. No entanto, as partidas de gasto máis importantes corresponden, como todos os anos, a comida e agasallos. A compra de comida suporá un desembolso de 205 euros por persoa, fronte aos 249 euros do ano pasado. Tamén se reduce o gasto en agasallos, que este ano será de 202 euros, mentres que a previsión de 2007 foi de 220 euros.
Pola contra, a enquisa detecta un incremento na previsión de gasto para lecer e diversión. Fronte aos 118 euros do pasado ano, neste nadal a partida alcanza os 170 euros por persoa. En canto aos gastos adicionais, tales como telefonía ou complementos do Nadal, baixan. O estudo arroxa unha cifra de 32,62 euros, mentres que en 2007 a previsión foi de 42,49 euros. Tamén destaca o dato do gasto en gasolina. Fronte aos 70 euros de 2007, este ano os españois pretenden gastar só 19 euros.
A sondaxe de UCE tamén recolle que o 40% dos enquisados asegura que realizará algunha comida fóra de casa este nadal. O gasto medio por este concepto será de 104,44 euros. Ademais, un 12% dos entrevistados asegura que realizará algunha viaxe e para iso destinará unha media de 252 euros.