O prezo medio do permiso de conducir B, o que ten a maioría da poboación, é de 782,04 euros. E iso, se se saca “á”primeira . Para axudar aos mozos a financiar este custoso trámite, a Dirección Xeral de Tráfico e o Instituto de Crédito Oficial subscribiron un acordo de colaboración. Esta liña de fnanciación, chamada “Permiso de conducir por un euro ao”día , entrará en vigor a partir do 1 de novembro. O programa está destinado a mozos españois e estranxeiros residentes no territorio nacional, de entre 17 e 25 anos, que non sexan titulares dun permiso de conducir de clase B, a quen se facilitará un financiamento de entre 500 e 1.000 euros, sen ningún tipo de interese nin gastos de tramitación. O alumno devolverá o crédito á entidade financeira durante 27 meses, se o préstamo non excede de 750 euros -ou durante 36 mensualidades, se o préstamo concedido está na franxa entre 751 a 1.000 euros- mediante cotas mensuais que non chegan a 30 euros, aínda que tamén cabe a posibilidade de amortizala en menos tempo.
Seguridade viaria
Esta iniciativa irá acompañada dun módulo de formación teórica específica en Seguridade Viaria, que se impartirá de forma gratuíta a todos os beneficiarios. Ademais compleméntase cun número mínimo de 20 clases prácticas. Entre os obxectivos do programa “Permiso de conducir por un euro ao” día enmárcanse o incremento da sensibilidade e concienciación en materia de seguridade viaria, a diminución do número de condutores sen permiso de conducir,a maior facilidade para acceder ao mercado de traballo, e permitir o acceso, en condicións preferentes, a fontes de financiamento alleo.
O alumno pode devolver o crédito en cotas mensuais que non superan os 30 euros
Para poder beneficiarse desta axuda hai que inscribirse no programa. Para iso, o primeiro paso é a elección dunha autoescola que estea adherida ao mencionado programa. A partir deste momento, os alumnos deberán realizar unha serie de trámites para beneficiarse das condicións desta liña de financiamento:
- Firma do contrato de formación:
Na autoescola que o alumno elixise, hai que indicar que se quere ser beneficiario do programa. Hai que asinar co centro formativo o contrato estándar do programa polo importe que máis conveña en función das necesidades de formación que teña cada un. Débese ter en conta que o programa só facilitará préstamos ao 0% de interese para cantidades entre 500 e 1.000 euros, e se se necesita máis diñeiro en concepto de formación, o alumno debe achegalo do seu peto de forma complementaria ao préstamo.
Os menores de idade deberán necesariamente ir acompañados dos seus pais ou titores á firma do contrato. Deberán achegar ao contrato a carta de compromiso do beneficiario, onde se recollen as obrigacións co programa, documento que tamén deberán asinar.
- Selección da entidade financeira:
O seguinte paso é elixir un banco ou caixa de aforros para solicitar o préstamo. Co contrato de formación na man, pódese escoller unha das entidades financeiras participantes no programa e solicitar un préstamo pola cantidade (entre 500 e 1.000 euros) que se acordou coa autoescola. Tamén neste caso o alumno deberá ir acompañado de pais ou titores se é menor de idade. Nese momento, a entidade financeira elixida analizará o risco da operación e poderá solicitar un aval. Non hai que esquecer presentar, xunto ao contrato asinado coa autoescola, os documentos acreditativos da idade e nacionalidade do solicitante. En caso que o banco ou caixa de aforros denegase este préstamo, pódese acudir a outras entidades financeiras colaboradoras co programa.
- Comeza a formación
Unha vez obtido o préstamo pola cantidade acordada coa autoescola, xa se pode comezar coa formación. Outro aspecto para ter en conta é que para ser considerado beneficiario do programa, e por tanto para poder iniciar o curso, deberase mostrar á autoescola a orde de transferencia realizada pola entidade financeira. No caso que a cantidade acordada coa autoescola supere os 1.000 euros, débese completar o pago da suma correspondente por conta do alumno. A partir deste momento ése alumno de pleno de dereito do programa.
Non hai que esquecer que o se abona son cotas fixas que varían segundo o tramo de entre 500 e 1.000 euros en que se atope o préstamo, pero que en calquera momento pódense realizar pagos extraordinarios sen ningún tipo de comisión ou gasto adicional.
Situacións especiaisO programa “Permiso de conducir por un euro ao día” contempla algunhas medidas para situacións especiais como o posible peche da autoescola, ou que o novo alumno queira darse de baixa. Para esta última alternativa, do mesmo xeito que para quen queiran cambiarse de centro, e se é debido por mor de forza maior, como enfermidade ou cambio de domicilio, a autoescola devolverá o diñeiro non consumido. Se non é así o centro formativo descontará o 10% do importe non consumido en concepto de penalización.
Os centros adheridos poden pechar unha vez empezado o curso. Non hai ningún problema, xa que para formar parte deste programa deben cumprir unha serie de requisitos, como ter unha garantía financeira que asegure o reembolso das prestacións non consumidas por todos os contratos de formación en curso. Outra posibilidade que se contempla é a desvinculación dunha autoescola do programa. Neste caso, independentemente de que causase baixa, quedará obrigada a cumprir coas obrigacións que cos seus alumnos adquirise, ata que finalizase a formación contratada.