Que é unha demanda colectiva e en que casos convén?
Unha demanda colectiva é unha maneira de defender intereses colectivos para tentar resolver un conflito. Aínda que é unha fórmula máis utilizada en Estados Unidos, en Europa van gañado peso, segundo sinala o informe ‘European Class Action Report 2022‘, do bufete CMS. Ademais, desde novembro de 2020, a Unión Europea conta con unha nova directiva que trata de facer máis eficaces estas accións.
Nunha demanda conxunta dúas ou máis persoas, no seu nome e no doutras que estean na mesma situación, presentan unha demanda legal contra quen lles causou un dano ou prexuízo.
Aínda que os afectados sexan moitos, si non todos comparten a mesma casuística, non é conveniente facer unha demanda conxunta. É dicir, unha demanda colectiva ten percorrido “cando o feito demandado é igual para unha colectividade e non hai casos especiais dentro do grupo”, sinala o avogado Ferrán González, do despacho Ferrán Abogados.
Este é o caso dos afectados por algunhas cláusulas abusivas bancarias, os pasaxeiros dos trens con múltiples atrasos ou avarías ou os viaxeiros afectados polo atraso dun voo. É dicir, este tipo de demanda é viable porque a situación afecto a todos os damnificados por igual ou de forma moi similar.
Como sumarse a unha demanda colectiva?

Si decidimos demandar xunto a outras persoas convén saber:
- Quen están lexitimados para presentar unha demanda colectiva son, entre outros, asociacións de consumidores, a Fiscalía… e que pode adherirse unha persoa a título individual.
- Estas demandas preséntanse ante os xulgados civís.
- É aconsellable, segundo explica Ferrán González, buscar un despacho de avogados con experiencia no tema. Os profesionais que defendan deberían ser especialistas na materia, dispor dun sistema informático capaz de manter informado a todos os afectados de forma individualizada e, “a poder ser, con sede no partido xudicial onde se atope o xulgado que tratará o asunto”.
Vantaxes e inconvenientes das demandas colectivas
👍 Os beneficios
Como apunta Ferrán González, agruparse nunha demanda colectiva “é moito máis beneficioso e vantaxoso para os consumidores de face ao procedemento”. E en que?
- Por unha banda, afórranse as costas procesuais, que inclúen os custos de letrado, procurador, peritos, etc.
- Ademais, doutra banda, “obtense moita máis forza no procedemento”.
👎 Inconvenientes
Este tipo de demandas tamén ten inconvenientes:
- O inconveniente principal, segundo o avogado, é que “pode atoparse con pouca información se o despacho elixido non mantén boa relación de información con todos os asociados”, recoñece Ferrán González.
- Outro inconveniente é que estas demandas se dilatan no tempo. Nas demandas colectivas a estratexia “pasa por recorrer até o final, e iso atrasa a resolución do conflito dun a tres anos como mínimo”, explica Juan Ignacio Navas, de Navas & Cusí Avogados.
- Ademais, como se trata de xeneralizar un caso, non se poden defender cuestións concretas de cada afectado. En cambio, as demandas individuais céntranse nos pormenores de cada caso concreto, axustándose ás necesidades de cada un. Por iso, convén ter claro si interesa ou non adherirse a unha demanda colectiva.
Demandas colectivas, é un proceso moi caro?

Un proceso xudicial nunca é prato de gusto, pois leva un custo emocional e económico que pode ser moi elevado. Por iso, si a reclamación ten os requisitos para acollerse a unha demanda colectiva, pode ser máis asumible facelo así.
“As accións legais realizadas entre varias persoas —explica Ferrán González— supoñen que estes procesos sexan moito máis económicos que os individuais“. Ademais, normalmente acórdanse formas de pago fraccionadas.
Exemplos de demandas colectivas
En España houbo distintas demandas colectivas coñecidas como a interposta a Fórum Filatélico, a das cláusulas solo ou a máis recente, o coñecido como Dieselgate.
Neste último caso, a compañía alemá Volkswagen instalou ilegalmente un software para modificar os resultados dos controis de emisións contaminantes. Os afectados foron preto de once millóns de usuarios que adquiriron automóbiles Volkswagen, Audi, SEAT, Škoda e Porsche (grupo Volkswagen) con motor diésel entre 2009 e 2015.
As demandas colectivas han sufrido tanto triunfos xudiciais como recursos da compañía, e moitos destes procedementos aínda seguen o seu curso.
Ademais de acudir aos tribunais, podemos recorrer aos ADR (Alternative Dispute Resolution), mecanismos que dan posibilidade de resolver conflitos ente distintas partes sen necesidade de acudir aos tribunais. Como? Ben a través de acordos que deben cumprirse de forma obrigatoria ou con garantías do seu cumprimento, segundo explican desde a Asociación Xeral de Consumidores (Asgeco).
Estes sistemas alternativos, que son sobre todo a arbitraxe, a mediación e a conciliación, constitúen unha vía rápida, sinxela e económica para resolver desacordos. Ademais, axudan a que os tribunais se desconxestionen e son útiles, principalmente, nos casos cuxas partes están decididas a negociar unha solución.