A Federación de Consumidores en Acción (Facua) solicitou á Administración que suprima a publicidade enganosa das augas envasadas, xa que considera que algunhas empresas realizan una “competencia desleal” coa auga da billa cando mostran os seus produtos ao público esaxerando as súas calidades beneficiosas.
A organización cre que estes anuncios están a vulnerar o Real Decreto 1907/06 que prohibe anunciar produtos milagre. Os membros da asociación consideran que “en España o Ministerio de Sanidade e Consumo e as comunidades autónomas están a obviar que cada vez máis marcas estean a utilizar nos seus anuncios mensaxes que presentan as augas envasadas como auténticos tónicos milagrosos paira gozar de boa saúde e mesmo adelgazar”.
Paira Facua “as empresas que comercializan augas envasadas nos últimos tempos están a endurecer até o engano as mensaxes publicitarias baseados na saúde paira aumentar a súa cota de mercado”. Por iso, pediu ás administracións que acaben cos anuncios que compiten deslealmente coa auga da billa xa que esta é “de calidade” e mesmo lembraron que o consumo de auga mineral está desaconsellado paira determinados sectores da poboación.
O consumo das botellas de auga mineral foi en aumento nos últimos anos. Segundo fontes do sector, pasou de 90 litros por habitante en 1999 a 113 litros por habitante en 2001.