A Federación de Consumidores en Acción (FACUA) pediu á compañía automobilística Fiat que retire un anuncio que apareceu en varios diarios deportivos porque “atenta contra a dignidade da muller”.
Segundo informa FACUA, o anuncio mostra na parte superior varios calendarios con mulleres semidesnudas, mentres que na zona inferior preséntase toda a gama de vehículos comerciais de Fiat. “A utilización da figura feminina acompañada de expresións que a equipasen a un produto de uso e consumo: ‘Necesites o que necesites, Fiat dácho’; cae no mal gusto e nunha actitude totalmente machista”, denuncia a Federación.
FACUA considera que o “anuncio” ten un contido claramente sexista, incorrendo nun suposto de publicidade ilícita prohibido no artigo 3 da Lei 34/1988, de 11 de novembro, Xeneral de Publicidade. Este artigo, lembra a organización, prohibe todo anuncio “que atente contra a dignidade da persoa ou vulnere os valores ou dereitos recoñecidos na Constitución, especialmente no que se refire a a infancia, a mocidade e a muller”. No caso de que Fiat non retire o anuncio, FACUA advirte que presentará unha denuncia ante as autoridades competentes en materia de control da publicidade.