O consumo nacional de enerxía primaria rexistrou o ano pasado un pequeno, pero significativo, estancamento. España empregou en 2006 o equivalente a 145,9 millóns de toneladas de petróleo, o que supón un descenso do 0,5% respecto de 2005, segundo un informe de British Pretroleum (BP). Trátase da primeira caída rexistrada no país na serie histórica que analiza a petroleira e que comeza en 1996.
Parte da caída do consumo de petróleo, non só en España senón en todo o mundo, responde o encarecemento que sufriu nos últimos dous anos. Así, o barril de Brent, de referencia en Europa, rexistro un prezo media de 65,14 euros durante o ano pasado, fronte aos 54,53 euros de 2005 e os 38,27 euros de 2004.
O noso país precisou o ano pasado de 1,602 millóns de barrís ao día, o que supón unha significativa caída do 0,9% respecto ao exercicio anterior. España acaparou un 2% do petróleo consumido no mundo, o que lle converte no décimo sexto país con maior demanda.
O carbón tamén perdeu peso en 2006, grazas ao Plan da Minaría, que reduce a súa extracción, e ás limitacións ambientais. A produción desta materia prima reduciuse ata o equivalente a 6,1 millóns de toneladas de petróleo, o que representa un descenso do 4%.
A demanda de gas, por contra, experimentou un repunte do 3,2%, ata os 33.4000 millóns de metros cúbicos ou, o que é o mesmo, o equivalente a 30 millóns de toneladas de petróleo. España acapara o 1,2% do consumo mundial de gas, o que lle sitúa no posto vixésimo segundo entre os países consumidores.
Tamén creceu o consumo de enerxía nuclear, un 4,6%. Co equivalente a 13,6 millóns de toneladas de cru, España colócase como o decimoprimer consumidor mundial deste tipo de enerxía.