Todas aquelas persoas que queiran pedir información sobre a situación xurídica de calquera inmoble de España, poderá facelo a través de Internet recibindo a información vía correo electrónico. Este sistema foi presentado polo Colexio de Rexistradores de España que incorporou un novo sistema de consulta telemática ao Rexistro da Propiedade.
Actualmente a base de datos do Rexistro da Propiedade conta cun millón e medio de sociedades e máis de 60 millóns de titularidades reais. Segundo o presidente do Colexio de Rexistradores de España, Antonio Pau, aqueles que dispoñan de “e- mail” terán a posibilidade de recibir información e de realizar consultas, desde todo tipo de terminal informático, de calquera dos inmobles inscritos nun dos mil rexistros distribuídos por todo o territorio nacional.
O usuario deberá pagar 1.500 pesetas mediante cartón de crédito antes de recibir a información ou tamén poderá subscribir un contrato co Colexio. A resposta ás consultas enviaranse nun prazo máximo de 24 horas. Ademais, o usuario pode pedir una nota informativa privada, que a efectos legais, ten a mesma validez que o documento obtido coa consulta presencial ao rexistro, ou solicitar un seguimento continuado da situación xurídica da leira na que está interesado, que lle será enviado á súa dirección electrónica durante os seguintes dez días, período que en breve se ampliará a un mes.
Pau asegurou que a información se remite encriptada e a través de una rede informática privada, paira garantir a confidencialidade e integridade dos datos. Ademais o sistema pregunta ao usuario cal é o motivo da súa solicitude de información e permite ao propietario dunha leira, saber cantas consultas fíxose sobre ela, por quen e con que motivo, precisou Pau. A aplicación permite buscar información filtrada por diferentes criterios, como titular, leira, clave, polo que se pode realizar una selección personalizada por elementos concretos de coñecemento restrinxido e por outro tipo de datos.
Doutra banda, Pau sinalou que se están preparando innovacións como a coordinación das bases gráficas dixitalizadas das leiras, xa incluídos na base de datos do rexistro, a este sistema de consulta a fin de que a petición de información poida facerse sobre planos.