Os soldos dos traballadores españois crecerán o próximo ano por baixo da media comunitaria. En concreto, subirán un 0,6%, o terceiro incremento real máis baixo de toda a UE, onde a media se situará no 2%, segundo un estudo elaborado pola consultora Mercer.
Este traballo revela que o aumento dos salarios españois a principios do ano que vén será dun 4,3%, pero o forte encarecemento dos prezos -en setembro a inflación situouse no 3,7%-, provocará que a subida real sexa das máis baixas da Unión.
Dos 70 países industrializados analizados por Mercer, Grecia seguirá sendo, por terceiro ano consecutivo, a nación que experimentará un maior incremento en Europa occidental, cun 4,9%, aínda que a subida real reducirase a un 1,9% tras descontar a previsión da inflación.
No resto do mundo, India (7,3%), Exipto (7,1%) e Letonia (5,5%) serán os países nos que máis se revalorizarán os salarios. No outro extremo da balanza, situaranse Malta, Nicaragua e Turquía.