As autoridades de Consumo ordenaron a retirada do mercado no que vai de ano de polo menos 21 modelos de guirnaldas luminosas, utilizadas nestas datas especialmente para adornar árbores de Nadal e beléns, segundo informa a organización de consumidores FACUA.

Durante todo 2007 foron 35 os modelos de guirnaldas incluídos na rede de alerta de produtos non alimentarios perigosos, que coordina o Instituto Nacional do Consumo (INC).
As guirnaldas con orde de retirada ou prohibición da súa importación que aparecen na web do INC en 2008 son 21 (14 a instancia da Xunta de Galicia, catro do INC, dous da Rexión de Murcia e unha da Generalitat de Cataluña).
Cables con grosor inferior ao requirido pola normativa europea, falta de protección contra a humidade, ausencia de suficiente resistencia mecánica ou conexións inadecuadas son algúns dos motivos que aconsellan a súa saída do mercado.
FACUA alerta de que o incumprimento da normativa na fabricación e etiquetaxe destes produtos implica risco de incendio, choque eléctrico, queimaduras e lesións. A asociación lembra ademais que estes artigos son utilizados habitualmente polos nenos, adoitan estar acendidos moitas horas e, xeralmente, sen vixilancia.
– Comprobar que na etiquetaxe da guirnalda aparece identificada a empresa responsable da súa venda na UE e que inclúe en castelán unha serie de advertencias de seguridade.
– Se algunhas das lámpadas fallan, para evitar quecementos é necesario substituílas de forma inmediata por outras da mesma tensión e potencia nominal.
– Se algunha das luces ten malas conexións ou cables esfiañados ou pelados, o mellor é devolver guirnalda ao establecemento.
– Comprobar cada luz para ver se teñen malas conexións ou cables esfiañados ou pelados; e se é así, o mellor é devolvelas ou tiralas se son moi vellas.
– Non deixar as luces acesas durante todo o día ou toda a noite, xa que a calor das lámpadas ou un curtocircuíto poden producir un incendio.
– Para maior protección contra un choque eléctrico, deben enchufarse as luces e adornos do exterior en circuítos protexidos con interruptor de toma de terra.
– Apagar sempre as luces ao saír de casa ou ao irse á cama.
– Lembrar que tanto as árbores naturais do Nadal, como os artificiais, son moi inflamables e poden transformarse rapidamente nun facho en contacto cunha chama ou un corpo incandescente.