Cando nos xurda algún problema que creamos que é susceptible de reclamar a súa solución debemos planear un curso de acción. Estas son as alternativas, presentadas segundo a orde no que é conveniente que se produzan:
1-En primeiro lugar é aconsellable dirixirnos ao responsable do problema. É dicir, se se trata por exemplo de anular un contrato que consideramos inxusto, acudiremos á persoa ou entidade con quen asinamos tal documento. É conveniente que, no caso de tramitar una comunicación escrita, esteamos asesorados por un experto.
2-Determinados sectores dispoñen de vías propias de reclamación, por exemplo o Defensor do Asegurado nas compañías de seguros ou o Defensor do Cliente en bancos e caixas de aforro.
3-Si tampouco dá resultado este método de acción podemos recorrer a unha demanda por vía xudicial. A pesar de que paira determinados tipos de reclamacións (as inferiores a 901 euros, xuízos de tráfico etc.) non é obrigatorio contar cun avogado sempre é conveniente recorrer ao seu asesoramento.