Vodafone debe rectificar un anuncio da súa promoción de verán “por incorrer en publicidade enganosa”, segundo reclamou onte a Federación de Consumidores en Acción (Facua). A promoción “asegura que os usuarios poden falar por cero céntimos o minuto, ocultando que é só nas chamadas a outros móbiles Vodafone”, segundo a federación.
“Esta vez nin sequera a letra pequena aclara as condicións da oferta, onde unicamente se indica que o usuario si debe pagar a tarifa do establecemento de cada chamada, 0,15 euros (0,12 en tarífaa Vitamina Clásica)”, segundo o comunicado dado a coñecer por Facua.
O operador británico ten que rectificar o anuncio e garantir que en todas as versións da campaña quede claro que a promoción só se aplica nas chamadas a móbiles Vodafone, segundo esixiu Facua, que pediu ademais que non omita nin relegue á letra pequena a aclaración de que hai que pagar o establecemento de chamada.